Usuario anónimo
Conectar
04/10/2024 17:24:37 www.culleredo.es :: Inicio :: Certificado dixital

Concello de Culleredo



Certificado dixital

O desenvolvemento das técnicas criptográficas permitiunos que internet sexa un medio seguro de comunicación

A confidencialidade asegúrase cifrando a mensaxe. A integridade dos datos, a autenticación e o non repudio garántese coa firma dixital. E para poder tanto cifrar unha mensaxe como asinala é necesario un certificado dixital

Este non é máis que un ficheiro que contén principalmente información persoal xunto a unha clave pública (a cal está ligada á súa correspondente clave privada que só a persoa titular do certificado debe posuír). Un certificado dixital é o equivalente electrónico a un Documento de Identidade que nos permite identificarnos, asinar e cifrar electronicamente documentos e mensaxes