Usuario anónimo
Conectar
01/11/2024 00:07:46 www.culleredo.es :: Inicio

Concello de Culleredo



Sede electrónica



Servizo de información e atención ao cidadán

No Concello de Culleredo queremos avanzar cara a un concello accesible, orientado á cidadanía e á satisfacción das súas necesidades.

E para logralo, ofrecémoslle a SEDE ELECTRÓNICA, para que sexa o punto de encontro e inicio do seu contacto persoal connosco a través da rede.

A través da mesma, poderase acceder á información acerca dos distintos procedementos que forman parte do catálogo municipal, á descarga das solicitudes, coa posibilidade de cumprimentalas desde o seu propio computador, e mesmo acceder ao rexistro electrónico, onde se poderán presentar as solicitudes 24 horas ao día, 7 días á semana, pasando a realizarse devandito asento á primeira hora do seguinte día hábil.

Un dos servizos aos que se poderá acceder de maneira directa será o relativo á presentación de queixas e suxestións, non sendo necesaria para a súa tramitación a identificación mediante certificado dixital ou DNIe, tentando facilitar desa maneira a colaboración daquelas persoas que así o desexen.

No taboleiro de editos/anuncios, poderanse atopar tanto as publicacións do propio Concello, como as remitidas por outras administracións e entidades, que estarán publicadas durante o seu correspondente período de información pública. Así como o seu taboleiro de anuncios onde o Concello de Culleredo tentará manter a información que poida resultar destacable.

O espazo reservado ao perfil do contratante, inclúe a información necesaria relativa aos procedementos de contratación que se realizan desde o Concello.

Desde o cartafol cidadán poderá realizar consultas, previa identificación mediante certificado ou DNIe, sobre o estado de tramitación dos seus expedientes, os datos que consten en poder da administración, as solicitudes presentadas, así como acceder ás notificacións que desde o Concello de Culleredo lle sexan remitidas á súa caixa de correos de notificacións, todo iso con total seguridade no tratamento dos seus datos.

Con todo iso desde o Concello de Culleredo pretendemos facilitar ás persoas as súas relacións coa administración municipal, eliminando as barreiras que poida haber e axilizando a administración, repercutindo os seus efectos no beneficio de todos e tod@s.

Acceso a norma de creación da Sede electrónica do Concello de Culleredo: BOP Creación Sede Electrónica

NOTA DE SEGURIDADE: A Sede electrónica do Concello de Culleredo utiliza un certificado de servidor seguro que garante a confidencialidade e autenticidade dos datos e contidos que se proporcionan. É posible que ao acceder á mesma apareza algunha das seguintes alertas de seguridade:

  • Aviso de seguridade Internet Explorer (Abrirase nunha nova xanela)
  • Aviso de seguridade Firefox (Abrirase nunha nova xanela)
  • Aviso de seguridade Google Chrome (Abrirase nunha nova xanela)

IMPORTANTE: Se recibe algunha destas alertas de seguridade, acceda ás seguintes Instrucións de configuración