Descrición
|
A través de este procedemento as comisións de festas, agrupacións ou asociacións de veciños poderán solicitar a emisión do permiso de ocupación de vía pública necesaria para a realización de festa ou verbena popular ao aire libre.
|
Forma de inicio
|
Instancia de parte.
|
Quen o pode solicitar?
|
As comisións de festas, agrupacións ou asociacións de vecinos.
|
Prazo de presentación
|
15 días antes da celebración da festa ou verbena popular ao aire libre.
|
Qué documentación debo achegar ?
|
- Instancia de solicitud debidamente cumplimentada na que se relate o programa de activiades a realizar e as súas características (DLO-001). - A póliza do seguro de responsabilidade civil que cubra os días de celebración da festa ou verbena popular por unha cuantía mínima de 300.000 ¤. - Ol recibo de pago do seguro de responsabilidade civil.
|
Como solicitalo?
|
As persoas xurídicas están obrigadas na Lei 39/2015 a comunicarse coa administración de xeito telemático mediante sede electrónica.
|
Tributos
|
Ordenanza Fiscal Nº20 Taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local. Artigo 1: non está suxeito a esta taxa o uso do dominio público que o concello autoriza ás comisións de festas nos días de festas patronais para a celebración das mesmas nin o uso derivado da realización de actos de promoción municipal que así sexan declarados, dado que non existe tal afección ou beneficio particular.
|
Órgano que o tramitará?
|
Área de Desenvolvemento Local, Formación e Emprego.
|
Órgano que o resolverá?
|
Área de Desenvolvemento Local, Formación e Emprego.
|
Cando estará resolto e cando se me notificará?
|
2 meses.
|
Que efectos ten o silencio administrativo?
|
Negativo.
|
Recursos posibles
|
Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución. Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses. Calquera outro que se estime procedente.
|