Descrición
|
A través deste procedemento as persoas interesadas poderán solicitar a ocupación de terreos de uso público con mesas, cadeiras e elementos auxiliares con finalidade lucrativa
|
Forma de inicio
|
Tanto instancia de parte coma de oficio
|
Quen o pode solicitar?
|
Tanto persoas físicas coma personas xurídicas
|
Prazo de presentación
|
En calquera momento ao longo do ano
|
Como solicitalo?
|
Casa do Concello Rúa do Concello, 12 Culleredo
Edificio Servizos Múltiples Rúa Ramón Cabanillas, 14 Culleredo
Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento.
A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital.
|
Tributos
|
Ordenanza fiscal nº 21 publicada no apartado Ordenanzas e Regulamentos da sede electrónica
Ordenanzas e Regulamentos
|
Órgano que o tramitará?
|
Área do Medio, Servizos e Obras
|
Órgano que o resolverá?
|
O concelleiro delegado
|
Cando estará resolto e cando se me notificará?
|
3 meses
|
Que efectos ten o silencio administrativo?
|
Negativo
|
Recursos posibles
|
Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses Cualquera outro que se considere procedente
|