Usuario anónimo
Conectar
19/09/2024 01:03:21 www.culleredo.es :: Inicio :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Descrición A través deste procedemento, as persoas interesadas, declaran a transmisión suxeita ao Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (IIVTNU) derivado da mesma.
Forma de inicio Instancia de parte.
Quen o pode solicitar? O transmitente, o adquirinte ou o representante de calquera deles.
Prazo de presentación a) Nos actos ou contratos "inter vivos", trinta días hábiles contados desde o seguinte a aquel ó que tivera lugar a transmisión.
b) Cando se trate de transmisións "mortis causa", o prazo é de seis meses contados desde o día do falecemento do causante, prorrogables ata un ano por solicitude do suxeito pasivo antes do vencemento dos primeiros seis meses.

Se a declaración se presenta fóra do prazo sen requirimento previo da administración, na liquidación que se practique exisirase a porcentaxe de recarga que corresponda, de entra as previstas no artigo 27 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, e, se é o caso, xuros de mora, en función do retraso no que se incurrise na dita presentación.
Qué documentación debo achegar ? - Copia simple do documento público ou privado no que conste o acto ou contrato que orixina a imposición, no caso de transmisión "inter vivos"; certificación de defunción, certificación de últimas vontades e testamento ou declaración de herdeiros para transmisións "mortis causa".
- Documentación que acredite a/s data/s de adquisición do/s ben/s obxecto de transmisión ou sobre os que se constitúe ou transmite un dereito real.
- No caso de que estea dentro dos supostos da bonificación prevista no art. 6 da Ordenanza Fiscal nº 3, e deberá solicitar a bonificación e xustificar que o inmoble transmitido era a vivenda habitual do causante mediante volante de empadroamento do mesmo. En caso de locais de negocio, declaración do Imposto de Actividades Económicas na cal se acredite que a actividade económica exercida no devandito inmoble pasou a ser exercida polo herdeiro.
Como solicitalo? A solicitude pode presentarse en:
- O rexistro da Deputación Provincial da Coruña.
- A Oficina Virtual Tributaria da Deputación Provincial da Coruña, na dirección web https://ovt.dacoruna.gal/ga/150009/DCORUNA/. Para esta forma de presentación, necesita identificarse con certificado dixital.
- En calquera rexistro administrativo integrado no SIR (Sistema de Interconexión de Rexistros).
Órgano que o tramitará? Deputación Provincial da Coruña.

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
RDL 2/2004 Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais
Real Decreto Lexislativo 2/2004
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018
L 58/2003 Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria
L 58/2003
OF 3 Ordenanza fiscal nº 3 Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana
Ordenanza fiscal nº 3

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática