Usuario anónimo
Conectar
01/11/2024 00:06:42 www.culleredo.es :: Inicio :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Renovación autorización venda ambulante (Feirón)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Obxecto A través deste procedemento as persoas interesadas poderán solicitar a renovación do permiso de ocupación de vía pública necesaria para a instalación dun posto de venda ambulante no mercado MENSUAL DO SEGUNDO DOMINGO EN VILABOA OU DO CUARTO XOVES NO BURGO OU DE AMBOS OS MERCADOS.
Forma de inicio A instancia de parte.
Quen o pode solicitar? Tanto persoas físicas como persoas xurídicas.
Prazo de presentación Do 1 ao 30 de novembro de cada ano.
Qué documentación debo achegar ? Instancia de solicitude debidamente cumprimentada (PRO – OO2) e documentación correspondente que se relaciona na solicitude.
Forma de presentación - Rexistro do Concello de Culleredo: Casa do Concello, Rúa do Concello nº12, Culleredo.
- Edificio de Servizos Múltiples: Rúa Ramón Cabanillas, 14. 15670 O Burgo - Culleredo
- Por "portelo único"; no rexistro de calquera administración.
- Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada, e os documentos requiridos no procedemento.
- A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital.
Tributos Ordenanza Fiscal Nº20 Taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local.
Órgano que o tramitará? Área de Dinamización social.
Órgano que o resolverá? Área de Dinamización social.
Cando estará resolto e cando se me notificará? Tres meses.
Que efectos ten o silencio administrativo? Negativo.
Recursos posibles Recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación da resolución.
- Contencioso-administrativo perante o xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses.
- Calquera outro que se estime procedente.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Instancia de solicitude de presentación telemática: Instancia de solicitude de presentación telemática xerada polo sistema. Obrigatorio Telemática
Modelo PRO 002: Renovación autorización venda ambulante. Obrigatorio Ambas
Copia da alta e do último recibo da seguridade social. Se é empregado copia do último TC2.: Copia da alta e do último recibo da seguridade social. Se é empregado copia do último TC2. Obrigatorio Ambas
Copia da póliza de responsabilidade civil.: Copia da póliza de responsabilidade civil, subscrita e en vigor polo período que se solicita a autorización de venda ambulante no Concello de Culleredo e o xustificante de pago. Obrigatorio Ambas
Xustificante pago taxas municipais.: Pago de taxas municipais polo exercicio de venda no dominio público municipal, correspondente ao exercicio polo que se solicita a autorización. Obrigatorio Ambas
Certificado no deudas con el Ayuntamiento.: No caso de non autorizar ao Concello para a comprobación de estar ao corrente nas taxas municipais, certificado do Concello de Culleredo conforme a persoa solicitante non ten débedas coa administración local, segundo o establecido no artigo 10 da ordenanza municipal de venda ambulante. Opcional Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018
L 11/2007 Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos
Lei 11/2007
OM-VA Ordenanza reguladora da venda ambulante no Concello de Culleredo
Ordenanza

Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática