Usuario anónimo
Conectar
01/11/2024 01:12:27 www.culleredo.es :: Inicio :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



PEL-Emprego Sustentable



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición Permite presentar electrónicamente unha solicitude de inscrición para as accións formativas dos itinerarios de Inserción do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola Deputación da Coruña
Forma de inicio A instancia de parte.
Quen o pode solicitar? Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, e que ademais cumpran os seguintes requisitos:
    - Ter cumpridos os 16 anos de idade.
    - Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes).
    - Saber ler e escribir.
    - Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
        - Persoas desempregadas de longa duración (PLD).
        - Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ).
        - Persoas maiores de 55 anos.
       - Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
        - Persoas inmigrantes.
        - Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
      - Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
        - Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.
Como solicitalo? Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.
Procedemento de selección para o acceso á formación As fases para seguir no proceso de selección de persoas participantes e os criterios serían:

1. Inscrición e presentación de solicitudes: todas as persoas interesadas en participar deberán entregar a documentación esixida nos prazos establecidos a través da sede electrónica do concello no que estean empadroadas.

2. Baremación de criterios de carácter xeral: o persoal técnico do concello dos servizos de emprego e desenvolvemento local, e ou orientación, é o encargado de estimar ou desestimar as inscricións recibidas en función de se cumpre ou non requisitos de acceso e a documentación presentada está completa e é correcta.

Non se admitirán inscricións que non vaian acompañadas da documentación requirida ou esta non sexa lexible ou se corresponda coa información solicitada.

De entre todas as solicitudes admitidas, realizarase unha valoración conforme ao baremo establecido (Avaliación da situación de vulnerabilidade social, segundo o previsto no proxecto PEL Emprego sustentable no ámbito rural) outorgando 1 punto por cada unha das circunstancias de vulnerabilidade que reúna a persoa solicitante segundo os establecidos no apartado 2.
Reservas de prazas para mulleres:


3. Entrevista Persoal: valoración de 0 a 3 puntos, realizarase unha entrevista ás primeiras 10 persoas, unha vez baremada a súa situación de vulnerabilidade, e na que se valorarán aspectos tales como a motivación, a seguridade no compromiso, a non existencia de accións persoais programadas que impidan a asistencia continuada (eventos familiares, cirurxías, viaxes, etc.) adecuación do itinerario e a acción formativa solicitada a súa traxectoria formativa ou laboral, ao seu obxectivo profesional e a existencia dun proxecto de diversificación profesional coherente no seu caso.
Ámbito territorial e centros onde se imparten as accións O ámbito territorial de orixe das persoas participantes é coincidente co ámbito territorial do proxecto, no que se circunscriben todos os concellos da provincia da Coruña, agás aqueles que teñen máis de 50.000 habitantes, A Coruña, Ferrol e Santiago.
Axuda económica para as persoas participantes As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o establecido na lei de Orzamentos Xerais do Estado.
Para poder percibir esta axuda, a persoa participante deberá completar o itinerario de formación, obtendo o diploma acreditativo ou o certificado de profesionalidade que corresponda, admitindo so ausencias xustificadas de ata o 10% das horas totais da duración.
No caso de ausencias superiores ao 10%, aínda que foran xustificadas, non se considerará completado o itinerario formativo e perderase o dereito á obtención da bolsa económica.
Unha vez determinado o número total de horas de asistencia de cada persoa participante, a Deputación da Coruña, aboará, nun único pago, as axudas que correspondan a aquelas que completen o itinerario e cumpran os requisitos para a súa obtención.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude telemática: Instancia de solicitude telemática debidamente cumprimentada. Opcional Telemática
Formulario: Formulario, declaración e compromiso debidamente cumprimentado e asinado. Obrigatorio Ambas
DNI/NIE: Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario en presentacións telemáticas en nome propio). Obrigatorio Presencial
Certificado SEPE: Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada. Obrigatorio Ambas
Certificado sistema garantía xuvenil: No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil. Opcional Ambas
Empadroamento: Certificado ou Volante de empadroamento. Obrigatorio Ambas
Informe vulnerabilidade: Documento acreditativo ou informe emitido polos servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda. Opcional Ambas
Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas: Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.). Obrigatorio Ambas
Certificado SEPE: Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego. Obrigatorio Ambas
Declaración responsable: Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente. Obrigatorio Ambas

Normativa
RESOLUCIÓN PEL EMPREGO1 Resolución da Dirección Xeral de Relacións coas Comunidades Autónomas e Entes Locais, pola que se aproba a convocatoria 2018 de axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE), destinadas a entidades locais para a inserción das persoas máis vulnerables (AP- POEFE).
Resolución
RESOLUCIÓN PEL EMPREGO2 Resolución da Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local, pola que se aproban as Instrucións Xerais para a execución dos proxectos cofinanciados con axudas AP- POEFE do Fondo Social Europeo, destinadas a Entidades Locais para a inserción de colectivos desfavorables.
Resolución
RESOLUCIÓN PEL EMPREGO3 Resolución do 5 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Cooperación Autonómica e Local, pola que se adoptan medidas para facer fronte ao impacto da crise sanitaria provocada pola Covid-19 na execución dos proxectos financiados pola convocatoria 2018 de axudas do Fondo Social Europeo, previstas no Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE), destinadas a entidades locais para a inserción das persoas máis vulnerables.
Resolución
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
L 40/2015 Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público.
Lei 40/2015
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018

Tramitación telemática
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática