Usuario anónimo
Conectar
16/04/2024 07:39:01 www.culleredo.es :: Inicio :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Licenza de animais potencialmente perigosos



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Descrición Este trámite permite a obtención ou renovación da licenza administrativa para a posesión e condución de animais potencialmente perigosos.
Forma de inicio Instancia de parte.
Quen o pode solicitar? Calquera persoa física ou xurídica (art. 3.2 da ordenanza) que sexa propietaria ou conduza por espazos públicos un animal considerado potencialmente perigoso.
Prazo de presentación Presentación previa á adquisición do animal.

Para a renovación da licenza, unha vez finalizado o prazo de 5 anos de validez da licenza.
Como solicitalo? Casa do Concello
Rúa do Concello, 12
Culleredo

Edificio Servizos Múltiples
Rúa Ramón Cabanillas, 14
Culleredo

Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento.

A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital.
Tributos Ordenanza fiscal nº 8 publicada no apartado Ordenanzas e Regulamentos da sede electrónica
Ordenanzas e Regulamentos
Órgano que o tramitará? Concellería do Medio, Servizos e Obras.
Órgano que o resolverá? Concelleiro delegado do Medio, Servizos e Obras.
Cando estará resolto e cando se me notificará? Resolución: prazo de 3 meses desde a solicitude.

Notificación da resolución: prazo máximo de dez días desde a resolución.
Recursos posibles Recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación da resolución.

Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses.

Calquera outro que se estime procedente.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Instancia de solicitude: Instancia de solicitude. Obrigatorio Ambas
DNI/CIF: DNI/CIF. Obrigatorio Ambas
Póliza de seguro de responsabilidade civil: Póliza de seguro de responsabilidade civil. Obrigatorio Ambas
Certificado de aptitude psicolóxica e física: Certificado de aptitude psicolóxica e física. Obrigatorio Ambas
Certificado da Consellería de Medio Ambiente: Certificado da Consellería de Medio Ambiente de non ser sancionado o posuidor por infraccións graves ou moi graves. Obrigatorio Ambas
Xustificante de abono da taxa: Xustificante de abono da taxa. Obrigatorio Ambas
Memoria das instalacións: Memoria das instalacións e medidas de seguridade. Opcional Ambas
Fotografía tamaño carné, do posuidor: Fotografía tamaño carné, do posuidor. Obrigatorio Ambas

Normativa
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018
RD 287/2002 Real Decreto 287/2002, de 22 de marzo, que desenrola a lei 50/1999, de 23 de decembro sobre o réxime xurídico da tenencia de animais potencialmente perigosos, modificado polo R.D. 1570/2007, de 30 de novembro
Real Decreto 287/2002
L 50/1999 Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o Réxime Xurídico da Tenza de Animais Potencialmente Perigosos
Lei 50/1999
L 4/2017 Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia
Lei 4/2017
OM-LPAP Ordenanza municipal reguladora da licenza para posesión de animais potencialmente perigosos,do seu rexistro, e da sección local do rexistro de animais de compañía.
Ordenanza
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática