Descrición
|
A través deste procedemento a persoa interesada pode presentar solicitudes ante o Rexistro xeral do Concello en relación a todos aqueles asuntos para os que non exista outro procedemento establecido.
|
Forma de inicio
|
Instancia de parte.
|
Quen o pode solicitar?
|
Persoas físicas ou xurídicas
|
Prazo de presentación
|
En calquera momento ao longo do ano
|
Como solicitalo?
|
As persoas físicas poderán presentar as ofertas no Rexistro Municipal do Concello, en calquera dos rexistros públicos previstos na Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e tamén de maneira telemática na sede electrónica do Concello de Culleredo. As persoas xurídicas poderán presentar as ofertas en calquera dos rexistros públicos telemáticos previstos na Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e na sede electrónica do Concello de Culleredo.
|
Tributos
|
En función do procedemento ao que se vincule a solicitude.
|
Órgano que o tramitará?
|
Rexistro xeral e unidade administrativa destinataria.
|
Órgano que o resolverá?
|
En función do procedemento ao que se vincule.
|
Cando estará resolto e cando se me notificará?
|
Dependendo do procedemento ao que se vincule.
|
Que efectos ten o silencio administrativo?
|
En función da solicitude que se realice.
|
Recursos posibles
|
Recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación da resolución. Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses. Calquera outro que estime procedente.
|