Usuario anónimo
Conectar
01/11/2024 00:06:10 www.culleredo.es :: Inicio :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Instancia xenérica



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición A través deste procedemento a persoa interesada pode presentar solicitudes ante o Rexistro xeral do Concello en relación a todos aqueles asuntos para os que non exista outro procedemento establecido.
Forma de inicio Instancia de parte.
Quen o pode solicitar? Persoas físicas ou xurídicas
Prazo de presentación En calquera momento ao longo do ano
Como solicitalo? As persoas físicas poderán presentar as ofertas no Rexistro Municipal do Concello, en calquera dos rexistros públicos previstos na Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e tamén de maneira telemática na sede electrónica do Concello de Culleredo.
As persoas xurídicas poderán presentar as ofertas en calquera dos rexistros públicos telemáticos previstos na Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e na sede electrónica do Concello de Culleredo.
Tributos En función do procedemento ao que se vincule a solicitude.
Órgano que o tramitará? Rexistro xeral e unidade administrativa destinataria.
Órgano que o resolverá? En función do procedemento ao que se vincule.
Cando estará resolto e cando se me notificará? Dependendo do procedemento ao que se vincule.
Que efectos ten o silencio administrativo? En función da solicitude que se realice.
Recursos posibles Recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación da resolución.
Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses.
Calquera outro que estime procedente.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude: Instancia de solicitude debidamente cumprimentada. Obrigatorio Ambas
Outra documentación: Toda aquela documentación necesaria para o procedemento para o que se presenta a solicitude. Opcional Presencial

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
L 59/2003 Lei 59/2003, de 19 de decembro, de sinatura electrónica
Lei 59/2003
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018
R (UE) 2016/679 Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos)
Regulamento (UE) 2016/679

Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática