Descrición
|
Calquera persoa interesada poderá poñer en coñecemento do Concello o estado dun terreo que non manteña as condicións necesarias de seguridade, salubridade e ornato público, así como naquelas nas que se manteñan lixos, residuos urbanos ou entullos, co fin de que se solucionen as deficiencias existentes
|
Forma de inicio
|
Instancia de parte
|
Quen o pode solicitar?
|
Persoas físicas ou xurídicas
|
Prazo de presentación
|
En calquera momento ao longo do ano
|
Como solicitalo?
|
Casa do Concello Rúa do Concello, 12 Culleredo
Edificio Servizos Múltiples Rúa Ramón Cabanillas, 14 Culleredo
Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento
A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital
|
Órgano que o tramitará?
|
Ärea de Medio Ambiente, Servizos e Obras
|
Órgano que o resolverá?
|
Concelleiro delegado da Área de Medio Ambiente, Servizos e Obras
|
Cando estará resolto e cando se me notificará?
|
Cando as normas reguladoras do procedemento non indiquen prazo, este será de tres meses
|
Que efectos ten o silencio administrativo?
|
Non aplica
|
Recursos posibles
|
Contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, a contar dende a súa notificación, previa a comunicación ao propio alcalde a que fai referencia ao art. 110.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común
|