Usuario anónimo
Conectar
16/04/2024 22:56:49 www.culleredo.es :: Inicio :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Bonificación na taxa por consumo de auga por Modulación da Cuantía en Función da Capacidade Económica (MCFCE)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Descrición A través deste procedemento, as persoas interesadas, en risco de exclusión social, poderán solicitar a bonificación na taxa por consumo de auga. A bonificación só será aplicable á vivenda habitual do contribuínte.
Forma de inicio Instancia de parte.
Quen o pode solicitar? Persoas físicas.
Prazo de presentación Os suxeitos pasivos que, cumprindo os requisitos establecidos, pretendan obter a bonificación regulada neste apartado, deberán presentar unha solicitude antes do comezo do período impositivo en que se pretenda que comece a mesma. As prórrogas deberán ser solicitadas antes do 1 de xaneiro de ano para o que se solicite a bonificación
Como solicitalo? Casa do Concello
Rúa do Concello, 12
Culleredo

Edificio Servizos Múltiples
Rúa Ramón Cabanillas, 14
Culleredo

Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento.
Bonificacións Ordenanza fiscal nº 14 publicada no apartado Ordenanzas e Regulamentos da sede electrónica
Ordenanzas e Regulamentos
Órgano que o tramitará? Servizo de Economía e Facenda.
Órgano que o resolverá? O Alcalde-presidente.
Cando estará resolto e cando se me notificará? 3 meses.
Que efectos ten o silencio administrativo? Negativo.
Recursos posibles Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución
Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses
Cualquera outro que se considere procedente

Documentación para achegar
Tipo Presentación
RESOLUCIÓN: Resolución de concesión RISGA Opcional Ambas
SOLICITUDES: Documentación acreditativa presentada con ocasión da solicitude do PEIS Opcional Ambas
ACREDITACIÓNS: Tarxeta de demandante de emprego Opcional Ambas
CERTIFICADOS: Certificado do Servizo Público de Emprego no que se recolla se percibe ou non prestación ou subsidio de desemprego e a súa contía Opcional Ambas
DECLARACIÓNS: Se realizan algunha actividade laboral sen asegurar, deberá achegar unha declaración responsable dos ingresos que perciben mensualmente por esta actividade Opcional Ambas
CERTIFICADOS: Copia, se a ten feita, da declaración do IRPF do último exercicio ou certificación negativa da Axencia Tributaria de non estar obrigados a presentala Opcional Ambas
CERTIFICADOS: Certificado expedido polo órgano competente da Seguridade Social que corresponda, sobre percepción ou non, de pensión e a súa contía Opcional Ambas
CERTIFICADOS: Certificado de vida laboral Opcional Ambas
DECLARACIÓNS: Declaración xurada de ausencia total de ingresos se é o caso Opcional Ambas
CERTIFICADOS: Certificados de contas bancarias dos últimos 6 meses Opcional Ambas
ACREDITACIÓNS: Volante de convivencia Opcional Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018
RDL 2/2004 Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais
Real Decreto Lexislativo 2/2004

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática