Usuario anónimo
Conectar
01/11/2024 00:19:29 www.culleredo.es :: Inicio :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Solicitude de acceso á información pública



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición A Lei de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno (LTBG) prevé que información deben publicar as Administracións Públicas para coñecemento dos cidadáns. Toda esta información queda recollida no Portal da Transparencia.
Adicionalmente á información publicada no Portal da Transparencia, o cidadán poderá exercer o seu Dereito de Acceso. Este novo dereito garante a posibilidade de levar a cabo consultas sobre datos e información pública.
O dereito de acceso poderá ser limitado nos supostos que contempla a Lei, entre outros: Seguridade Nacional, Defensa, Política económica e monetaria, para a protección de datos de carácter persoal, etc.
Forma de inicio Instancia de parte
Quen o pode solicitar? Calquera persoa que desexe exercer o seu Dereito de Acceso á Información Pública.
Prazo de presentación En calquera momento ao longo do ano
Qué documentación debo achegar ? Instancia de solicitude debidamente cumprimentada.
Como solicitalo? Casa do Concello
Rúa do Concello, 12
Culleredo

Edificio Servizos Múltiples
Rúa Ramón Cabanillas, 14
Culleredo

Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento
A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital
Prazo de tramitación 1 mes

Documentación para achegar
Tipo Presentación
SOLICITUDES: Solicitude debidamente cuberta, na que ten que constar polo menos: a identidade da persoa solicitante, enderezo de contacto (preferentemente electrónico), a información que se solicita e, se é o caso, a modalidade que se prefira para acceder á información solicitada Obrigatorio Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
L 7/1985 Lei 7/1985,de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local
Lei 7/1985
L 11/2007 Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos
Lei 11/2007
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018
L 19/2013 Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bon goberno (LTBG)
Lei 19/2013
L 4/2001 Lei Orgánica 4/2001, de 12 de novembro, reguladora do Dereito de Petición
L 4/2001
LPG 1/2016 Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bon goberno
LPG 1/2016
OM-TRANS Ordenanza municipal de transparencia, acceso á información e reutilización
OM-TRANS

Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática