Descrición
|
Considerarase parcelación urbanística, a división de terreos en dous ou máis lotes ou porcións a fin da súa urbanización ou edificación, xa sexa en forma simultánea ou sucesiva
|
Forma de inicio
|
Instancia de parte
|
Quen o pode solicitar?
|
Persoas físicas ou persoas xurídicas
|
Prazo de presentación
|
En calquera momento ao longo do ano
|
Qué documentación debo achegar ?
|
Instancia de solicitude debidamente cumprimentada Fotocopia escritura finca matriz Proxecto técnico Xustificante pago da taxa
|
Como solicitalo?
|
Casa do Concello Rúa do Concello, 12 Culleredo
Edificio Servizos Múltiples Rúa Ramón Cabanillas, 14 Culleredo
Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital
|
Tributos
|
Ordenanza fiscal nº 16 Taxa por licenzas urbanísticas
Ordenanzas e Regulamentos
|
Órgano que o tramitará?
|
Rexistro Xeral e unidade administrativa destinataria
|
Órgano que o resolverá?
|
Concelleiro delegado do área
|
Cando estará resolto e cando se me notificará?
|
As peticións de licenza resolveranse no prazo de tres meses, a contar dende a presentación da solicitude coa documentación completa no rexistro do concello
|
Que efectos ten o silencio administrativo?
|
Unha vez que transcorra o prazo sen comunicar ningún acto, entenderase outorgada por silencio administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 43 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común Os prazos que se indican no artigo transcribido poden ser obxecto de ampliación e suspensión nos casos legalmente previstos (art. 42.5 e 6 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo común)
En ningún caso entenderanse adquiridas por silencio administrativo licenzas en contra da lexislación ou plan urbanístico
|
Recursos posibles
|
Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses Cualquera outro que se considere procedente
|