Descrición
|
Este trámite permite a obtención ou renovación da licenza administrativa para a posesión e condución de animais potencialmente perigosos.
|
Forma de inicio
|
Instancia de parte.
|
Quen o pode solicitar?
|
Calquera persoa física ou xurídica (art. 3.2 da ordenanza) que sexa propietaria ou conduza por espazos públicos un animal considerado potencialmente perigoso.
|
Prazo de presentación
|
Presentación previa á adquisición do animal.
Para a renovación da licenza, unha vez finalizado o prazo de 5 anos de validez da licenza.
|
Como solicitalo?
|
Casa do Concello Rúa do Concello, 12 Culleredo
Edificio Servizos Múltiples Rúa Ramón Cabanillas, 14 Culleredo
Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento.
A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital.
|
Tributos
|
Ordenanza fiscal nº 8 publicada no apartado Ordenanzas e Regulamentos da sede electrónica
Ordenanzas e Regulamentos
|
Órgano que o tramitará?
|
Concellería do Medio, Servizos e Obras.
|
Órgano que o resolverá?
|
Concelleiro delegado do Medio, Servizos e Obras.
|
Cando estará resolto e cando se me notificará?
|
Resolución: prazo de 3 meses desde a solicitude.
Notificación da resolución: prazo máximo de dez días desde a resolución.
|
Recursos posibles
|
Recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación da resolución.
Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses.
Calquera outro que se estime procedente.
|