Descrición
|
A través deste procedemento permítese rectificar os datos persoais que constan nos ficheiros de datos do Concello cando sexan erróneos ou incompletos
|
Forma de inicio
|
Instancia de parte
|
Quen o pode solicitar?
|
1. O dereito de acceso será exercido polo afectado 2. Tales dereitos exercitaranse: a. Polo afectado, acreditando a súa identidade, do modo previsto no artigo seguinte b. Cando o afectado se encontre en situación de incapacidade ou minoría de idade que o imposibilite o exercicio persoal destes dereitos, poderán exercitarse polo seu representante legal, en cuxo caso será necesario que acredite tal condición c. Os dereitos tamén poderán exercitarse a través de representante voluntario, expresamente designado para o exercicio do dereito. Nese caso, deberá constar claramente acreditada a identidade do representado, mediante a achega de copia do seu Documento Nacional de Identidade ou documento equivalente, e a representación conferida por aquel c. Los derechos también podrán ejercitarse a través de representante voluntario, expresamente designado para el ejercicio del derecho. En ese caso, deberá constar claramente acreditada la identidad del representado, mediante la aportación de copia de su Documento Nacional de Identidad o documento equivalente, y la representación conferida por aquél.
|
Prazo de presentación
|
En calquera momento ao longo do ano
|
Como solicitalo?
|
A través dunha comunicación dirixida ao responsable do ficheiro
Casa do Concello Rúa do Concello, 12 Culleredo
Edificio Servizos Múltiples Rúa Ramón Cabanillas, 14 Culleredo
Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento A través de calquera medio dos recollidos no art. 38 da Lei 30/92
|
Órgano que o tramitará?
|
O responsable do ficheiro
|
Órgano que o resolverá?
|
Alcaldía
|
Cando estará resolto e cando se me notificará?
|
O responsable do ficheiro resolverá sobre a solicitude de rectificación ou cancelación no prazo máximo de dez días a contar dende a recepción da solicitude
|
Que efectos ten o silencio administrativo?
|
Negativo
|
Recursos posibles
|
O interesado ao que se denegue, total ou parcialmente o exercicio dos dereitos de oposición, acceso, rectificación ou cancelación, poderá poñelo en coñecemento da Axencia Española de Protección de Datos ou, no seu caso, do organismo competente de cada Comunidade Autónoma, que deberá asegurarse da procedencia ou improcedencia da denegación O prazo máximo en que debe ditarse a resolución expresa de tutela de dereitos será de seis meses Contra as resolucións da Axencia Española de Protección de Datos procederá recurso contencioso-administrativo
|
Observacións
|
Poderá denegarse o dereito de rectificación nos supostos en que así o prevexa unha lei ou unha norma de dereito comunitario de aplicación directa ou cando estas impidan ao responsable do tratamento revelar aos afectados o tratamento dos datos aos que se refira o acceso
|