Descrición
|
A través deste procedemento as persoas interesadas poderán solicitar a emisión do permiso de ocupación de vía pública necesaria para a instalación dun posto de venda ambulante no mercado mensual do segundo domingo en Vilaboa ou do cuarto xoves no Burgo ou de ambos os mercados.
|
Forma de inicio
|
Instancia de parte.
|
Quen o pode solicitar?
|
Tanto persoas físicas como persoas xurídicas.
|
Prazo de presentación
|
En calquera momento ao longo do ano.
|
Qué documentación debo achegar ?
|
- Copia do DNI. No caso de que o solicitante sexa extranxeiro deberá acompañar fotocopia do NIE en vigor. No caso de que sexa persoa xurídica, aportarase copia do CIF. - No caso de que o solicitante sexa estranxeiro pertencente a país non comunitario; permisos de residencia e traballo, segundo a normativa específica vixente, ou tarxeta de residencia, no caso de que proceda de país comunitario. - Unha fotografía actual do solicitante (tamaño carné). - Copia da alta no IAE que corresponda a actividade para a que solicita autorización. - Copia da alta e do último recibo da seguridade social. Se é empregado copia do último TC2. Os/as socios/as das cooperativas de traballo social de venda ambulante desde o ano 2010 están encadrados no Réxime Especial de Traballadores Autónomos obrigatoriamente. - Copia da póliza de responsabilidade civil, subscrita e en vigor polo período que se solicita a autorización de venda ambulante no Concello de Culleredo e o xustificante de pago. - Se a autorización afecta á venda de produtos alimentarios, deberá achegar fotocopia do documento acreditativo de ter recibido formación en materia de manipulación de alimentos. - Pago de taxas municipais polo exercicio de venda no dominio público municipal, correspondente ó exercicio polo que se solicita a autorización. - Documentación recollida nos puntos 1, 2 e 3 das persoas autorizadas.
|
Como solicitalo?
|
O rexistro municipal do Concello de Culleredo. O rexistro telemático do Concello de Culleredo, na dirección web https://sedeelectronica.culleredo.es mediante a instancia que atopará no Catálogo de servizos e solicitudes. Para esta forma de presentación, necesita identificarse con certificado dixital. En calquera rexistro administrativo integrado no SIR (Sistema de Interconexión de Rexistros).
|
Tributos
|
Ordenanza Fiscal Nº20 Taxa por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local.
|
Órgano que o resolverá?
|
Área de Dinamización social.
|
Órgano que o resolverá?
|
Área de Dinamización social.
|
Prazo de tramitación
|
Dous meses.
|
Que efectos ten o silencio administrativo?
|
Negativo.
|
Recursos posibles
|
Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución. Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses. Cualquera outro que se considere procedente.
|