Descrición
|
Tramitación de expediente de reposición de legalidade urbanística por obras en execución ou rematadas, sen licenza ou sen axustarse á licenza concedida (disciplina urbanística)
|
Forma de inicio
|
Oficio
|
Quen o pode solicitar?
|
Persoas físicas e persoas xurídicas
|
Prazo de presentación
|
En calquera momento ao longo do ano
|
Qué documentación debo achegar ?
|
Instancia de solicitude debidamente cumprimentada, con indicación das obras que se están a realizar, situación das obras (plano, esbozo, etc.), promotor das obras, etc Calquera outra información que se considere pertinente
|
Como solicitalo?
|
Casa do Concello Rúa do Concello, 12 Culleredo
Edificio Servizos Múltiples Rúa Ramón Cabanillas, 14 Culleredo
Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital
|
Órgano que o tramitará?
|
Área de Urbanismo
|
Órgano que o resolverá?
|
Concelleiro delegado
|
Cando estará resolto e cando se me notificará?
|
1 ano desde a data de iniciación do procedemento
|
Que efectos ten o silencio administrativo?
|
Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución, producirase a caducidade do procedemento. No suposto de que a infracción non prescribise, deberá iniciarse un novo procedemento
|
Recursos posibles
|
Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses Cualquera outro que se considere procedente
|
Observacións
|
As denuncias particulares non iniciarán por si mesmas un expediente de protección da legalidade urbanística se non que esa é unha competencia municipal
|