Descrición
|
O exercicio do dereito de cancelación dará lugar a que se supriman os datos que resulten ser inadecuados ou excesivos, sen prexuízo do deber de bloqueo conforme ao regulamento 1720/2007, do 21 de decembro
|
Forma de inicio
|
Instancia de parte
|
Quen o pode solicitar?
|
1. O dereito de acceso será exercido polo afectado 2. Tales dereitos exercitaranse: a. Polo afectado, acreditando a súa identidade, do modo previsto no artigo seguinte b. Cando o afectado se encontre en situación de incapacidade ou minoría de idade que o imposibilite o exercicio persoal destes dereitos, poderán exercitarse polo seu representante legal, en cuxo caso será necesario que acredite tal condición c. Os dereitos tamén poderán exercitarse a través de representante voluntario, expresamente designado para o exercicio do dereito. Nese caso, deberá constar claramente acreditada a identidade do representado, mediante a achega de copia do seu Documento Nacional de Identidade ou documento equivalente, e a representación conferida por aquel
|
Prazo de presentación
|
En calquera momento ao longo do ano
|
Como solicitalo?
|
A través dunha comunicación dirixida ao responsable do ficheiro
Casa do Concello Rúa do Concello, 12 Culleredo
Edificio Servizos Múltiples Rúa Ramón Cabanillas, 14 Culleredo
Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento A través de calquera medio dos recollidos no art. 38 da Lei 30/92
|
Órgano que o tramitará?
|
O responsable do ficheiro
|
Órgano que o resolverá?
|
Alcaldía
|
Cando estará resolto e cando se me notificará?
|
O responsable do ficheiro resolverá sobre a solicitude de rectificación no prazo máximo de dez días a contar dende a recepción da solicitude
|
Que efectos ten o silencio administrativo?
|
Negativo
|
Recursos posibles
|
O interesado ao que se denegue, total ou, parcialmente o exercicio dos dereitos de oposición, acceso, rectificación ou cancelación, poderá poñelo en coñecemento da Axencia Española de Protección de Datos ou, no seu caso, do organismo competente de cada Comunidade Autónoma, que deberá asegurarse da procedencia ou improcedencia da denegación O prazo máximo en que debe ditarse a resolución expresa de tutela de dereitos será de seis meses Contra as resolucións da Axencia Española de Protección de Datos procederá recurso contencioso-administrativo
|
Observacións
|
A cancelación non procederá cando os datos de carácter persoal deban ser conservados durante os prazos previstos nas disposicións aplicables ou, no seu caso, nas relacións contractuais entre a persoa ou entidade responsable do tratamento e o interesado que xustificaron o tratamento dos datos
|