Descrición
|
A través deste procedemento, as personas con mobilidade reducida empadroadas no Concello de Culleredo, poden presentar a solicitude da tarxeta de estacionamento. Este documento acreditativo da súa situación ten a finalidade de favorecer o uso dos transportes privados e o seu titular pode gozar das facilidades de estacionamento nos lugares sinalados. Esta tarxeta ten carácter persoal e intransferible e o seu titular poderá utilizala en calquera vehículo en que se traslade sexa ou non da súa propiedade e sexa ou non o conductor do vehículo.
|
Forma de inicio
|
Instancia de parte
|
Quen o pode solicitar?
|
Todas aquelas persoas con discapacidade, empadroadas no Concello de Culleredo, que teñan recoñecida a imposibilidade de uso do transporte público polos equipos de valoración e orientación correspondentes
|
Prazo de presentación
|
En calquera momento ao longo do ano
|
Qué documentación debo achegar ?
|
Instancia de solicitude Fotocopia compulsada do DNI do solicitante ou representante legal Fotocopia compulsada do certificado do grao de discapacidade Volante de empadroamento Unha fotogafía tamaño carné
|
Como solicitalo?
|
Casa do Concello Rúa do Concello, 12 Culleredo
Edificio Servizos Múltiples Rúa Ramón Cabanillas, 14 Culleredo
Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento
A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital
|
Órgano que o tramitará?
|
Área de Benestar Social e Igualdade
|
Órgano que o resolverá?
|
Concelleira delegada da Área de Benestar Social e Igualdade
|
Recursos posibles
|
Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses Cualquera outro que se considere procedente
|