Descrición
|
As persoas físicas ou xurídicas que gocen de licenza de ocupación de vía pública para a instalación de mesas e cadeiras e queiran causar baixa no padrón de cobramento poderán solicitalo a través deste procedemento
|
Forma de inicio
|
Tanto a instancia de parte coma de oficio
|
Quen o pode solicitar?
|
Tanto as persoas físicas como xurídicas que estean a gozar dunha licenza de ocupación de vía pública de mesas e cadeiras
|
Prazo de presentación
|
En calquera momento ao longo do ano
|
Como solicitalo?
|
Casa do Concello Rúa do Concello, 12 Culleredo
Edificio Servizos Múltiples Rúa Ramón Cabanillas, 14 Culleredo
Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento.
A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital.
|
Órgano que o tramitará?
|
Área do Medio, Servizos e Obras
|
Órgano que o resolverá?
|
O concelleiro delegado
|
Cando estará resolto e cando se me notificará?
|
3 meses
A presentación da baixa terá efectos a partires do día primeiro do ano seguinte a aquel no que se presente
|
Que efectos ten o silencio administrativo?
|
Positivo
|
Recursos posibles
|
Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses Cualquera outro que se considere procedente
|