Descrición
|
A través deste procedemento as persoas interesadas empadroadas e residentes no Concello de Culleredo, poderán presentar solicitudes para o servizo de prestacións de apoio á autonomía e atención á dependencia: axuda no fogar, xantar na casa e teleasistencia domiciliaria para persoas non dependentes, co obxecto de dar resposta a situacións de autonomía limitada, dependencia ou supostos de desestructuración familiar coa finalidade de atender as necesidades da súa vida diaria, posibilitando a permanencia no seu domicilio o maior tempo posibel e/ou facilitar ao máximo a vida independente.
|
Forma de inicio
|
Instancia de parte
|
Quen o pode solicitar?
|
O servizo de axuda no fogar está dirixido a: -Persoas con déficit de autonomía persoal pero que non precisan de coidados permanentes ou especializados dun centro asistencial e que mediante esta prestación poden manter unha vida independente - Persoas que teñen anciáns, persoas con algunha discapacidade ou enfermos crónicos ao seu cargo, e que necesitan axuda para atendelos e mantelos no seu fogar - Familias con problemas transitorios de autonomía persoal, (hospitalización, menores aos que hai que prestar atención en ausencia dos seus pais ou tutores) ou con sobrecargas familiares (monoparentais, familias numerosas) - Familias desestructuradas nas súas relacións persoais e/ou sociais que precisan axuda para adquirir habilidades domésticas e familias con grave risco de exclusión social para os seus integrantes - Calquera outra circunstancia de desprotección social ou familiar así determinada polos servizos sociais municipais mediante o correspondente informe-proposta de aplicación dos servizos
Os servizos de "Xantar na casa", están destinados segundo o convenio asinado co Consorcio de Igualdade e Benestar a: - Persoas maiores de 60 anos que teñan limitada a súa autonomía persoal, e sen rede de apoio que poida suplir tal situación - Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e que requiren de axuda para a preparación de alimentos - Persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, técnicamente avaliada polos Servizos Sociais do Concello de Culleredo - Calquera outra circunstancia de desprotección social ou familiar así determinada polos servizos sociais municipais O servizo de teleasistencia domiciliaria segundo o convenio asinado coa Deputación da Coruña, vai dirixido a: - Persoas que non teñan recoñecido grao de dependencia e que non superen o límite económico de dúas veces o IPREM/mes - Persoas que dispoñan ou estean en condicións de dispoñer de liña telefónica e estar capacitadas para o manexo do aparato
|
Prazo de presentación
|
En calquera momento ao longo do ano
|
Qué documentación debo achegar ?
|
Deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Culleredo, unha instancia onde constará a relación nominal de todas as persoas do mesmo domicilio que solicitan o servizo. Achegarán á solicitude a seguinte documentación, referida a cada unha das persoas solicitantes:
DOCUMENTOS COMÚNS AOS TRES SERVIZOS - Fotocopia do Documento Nacional de Identidade - Volante de empadroamento de todos os membros da unidade familiar (volante de convivencia) - Declaración do IRPF do exercicio anterior ao momento da solicitude ou, de ser o caso, certificado negativo de todos os conviventes - Certificado da prestación económica do INEM, se é menor de 65 años - Certificación positiva ou negativa de prestacións do INSS, ISFAS ou MUFACE - Declaración responsable de toda a unidade de convivencia, de todos os ingresos económicos obtidos no derradeiro ano - Fotocopia da primeira folla da conta bancaria onde conste o n.º de conta de 20 díxitos e o nome dos titulares - Informes médicos que poidan avalar a situación que motiva a solicitude - Copia de ter presentada a solicitude de grao de dependencia de ser o caso - Copia do certificado do grao de dependencia se fóra o caso - Autorización de todos os membros da familia para o uso de datos persoais - Autorización de todos os membros da familia para o acceso á información catastral - Autorización para a realización de trámites asociados a este procedemento - Acreditación de representación, de ser o caso - Autorización bancaria
DOCUMENTOS ESPECIFICOS PARA O SERVIZO DE "XANTAR NA CASA" - Informe médico de saúde (Anexo X1) - Solicitude de domiciliación bancaria do servizo de "Xantar na Casa" debidamente cuñado pola entidade bancaria (Anexo X2)
DOCUMENTOS ESPECIFICOS PARA O SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA - TAD 1. Datos da persoa usuaria titular - TAD 2. Cobertura sanitaria da persoa usuaria titular - TAD 3. Persoas de apoio do programa - TAD 4. Datos da vivenda e identificación da persoa usuaria - TAD 7. Datos da persoa usuaria adicional - Autorizacións das persoas usuarias solicitantes do acceso á vivenda
Na solicitude para calquera dos tres servizos, ademais dos datos relacionados no artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas deberán sinalarse tres teléfonos de contacto: o da persoa interesada máis dúas de familiares ou persoas achegadas coas que se poida contactar desde os servizos municipais.
|
Como solicitalo?
|
Casa do Concello Rúa do Concello, 12 Culleredo
Edificio Servizos Múltiples Rúa Ramón Cabanillas, 14 Culleredo
Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento
A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital
|
Tributos
|
Prezo público en vigor publicado no apartado Ordenanzas e Regulamentos da sede electrónica
Ordenanzas e Regulamentos
|
Órgano que o tramitará?
|
Área de Benestar Social e Igualdade
|
Órgano que o resolverá?
|
Concelleira delegada de política social, mocidade e promoción do deporte
|
Que efectos ten o silencio administrativo?
|
Negativo
|
Recursos posibles
|
Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses Cualquera outro que se considere procedente
|