Descrición
|
A través deste procedemento, as persoas interesadas, declaran a transmisión suxeita ao Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (IIVTNU) derivado da mesma.
|
Forma de inicio
|
Instancia de parte.
|
Quen o pode solicitar?
|
O transmitente, o adquirinte ou o representante de calquera deles.
|
Prazo de presentación
|
a) Nos actos ou contratos "inter vivos", trinta días hábiles contados desde o seguinte a aquel ó que tivera lugar a transmisión. b) Cando se trate de transmisións "mortis causa", o prazo é de seis meses contados desde o día do falecemento do causante, prorrogables ata un ano por solicitude do suxeito pasivo antes do vencemento dos primeiros seis meses.
Se a declaración se presenta fóra do prazo sen requirimento previo da administración, na liquidación que se practique exisirase a porcentaxe de recarga que corresponda, de entra as previstas no artigo 27 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, e, se é o caso, xuros de mora, en función do retraso no que se incurrise na dita presentación.
|
Qué documentación debo achegar ?
|
- Copia simple do documento público ou privado no que conste o acto ou contrato que orixina a imposición, no caso de transmisión "inter vivos"; certificación de defunción, certificación de últimas vontades e testamento ou declaración de herdeiros para transmisións "mortis causa". - Documentación que acredite a/s data/s de adquisición do/s ben/s obxecto de transmisión ou sobre os que se constitúe ou transmite un dereito real. - No caso de que estea dentro dos supostos da bonificación prevista no art. 6 da Ordenanza Fiscal nº 3, e deberá solicitar a bonificación e xustificar que o inmoble transmitido era a vivenda habitual do causante mediante volante de empadroamento do mesmo. En caso de locais de negocio, declaración do Imposto de Actividades Económicas na cal se acredite que a actividade económica exercida no devandito inmoble pasou a ser exercida polo herdeiro.
|
Como solicitalo?
|
A solicitude pode presentarse en: - O rexistro da Deputación Provincial da Coruña. - A Oficina Virtual Tributaria da Deputación Provincial da Coruña, na dirección web https://ovt.dacoruna.gal/ga/150009/DCORUNA/. Para esta forma de presentación, necesita identificarse con certificado dixital. - En calquera rexistro administrativo integrado no SIR (Sistema de Interconexión de Rexistros).
|
Órgano que o tramitará?
|
Deputación Provincial da Coruña.
|