Usuario anónimo
Conectar
16/04/2024 07:34:10 www.culleredo.es :: Inicio :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Xustificación das axudas de incentivos á contratación do alumnado traballador do Obradoiro Dual de Emprego Rehabilitación Casa Peóns Camiñeiros



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición Concedidas e notificadas as axudas, éstas faranse efectivas nun pagamento único, achegando a documentación acreditativa da contratación subvencionada (unha vez finalizada).
Forma de inicio A instancia de parte
Quen o pode solicitar? As persoas empregadoras e as empresas ás que se lles concederon os incentivos á contratación.
Prazo de presentación Máximo un mes dende o remate da contratación subvencionada.
Qué documentación debo achegar ? - Xustificación, declaración de cumprimento das bases da convocatoria e solicitude de pagamento segundo o modelo do Anexo V.
- Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, no seu caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións, segundo o modelo do Anexo IV.
- Copia dos contratos de traballo das persoas desempregadas obxecto da subvención, que tiveran participado no proxecto de Obradoiro de Emprego "Rehabilitación Casa Peóns Camiñeiros”.
- Informe de vida laboral do código da conta de cotización específica da empresa ou entidade na que se fixo a contratación, comprensiva do período de duración da contratación.
Lugar e forma de presentación As persoas xurídicas están obrigadas na Lei 39/2015 a comunicarse coa administración de maneira telemática mediante sede electrónica.
Casa do Concello
Rúa do Concello, 12
Culleredo

Edificio Servizos Múltiples
Rúa Ramón Cabanillas, 14
Culleredo

Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento

A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital
Órgano que o tramitará? A instrución do procedemento levarase a cabo polos servizos técnicos do Servizo Municipal de Formación e Emprego que realizará as actuacións necesarias para determinar o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.
Órgano que o resolverá? O órgano competente para resolver sobre a concesión ou denegación destas axudas será o alcalde, ou concelleiro/a en quen delegue, a proposta do/a concelleiro/a responsable, unha vez recibidas as propostas definitivas dos servizos técnicos do Servizo Municipal de Formación e Emprego previa comprobación da documentación xustificativa presentada.
Cando estará resolto e cando se me notificará? O prazo para resolver e notificar a resolución será de 1 mes, que se computará dende a data de finalización do prazo de presentación da solicitude na sede electrónica do Concello de Culleredo para a súa tramitación. Transcorrido dito prazo sen que se dite resolución expresa, entenderase desestimada a solicitude, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei de subvencións de Galicia.
Recursos posibles As resolucións que se diten neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa de acordo co disposto na Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa. Poderá formularse, con carácter potestativo, recurso de reposición, no prazo dun mes, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, de conformidade coa Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Instancia de solicitude: Instancia de solicitude de presentación telemática. Obrigatorio Ambas
Anexo V: Xustificación, declaración de cumprimento das bases da convocatoria e solicitude de pagamento. Obrigatorio Ambas
Anexo IV: Declaración complementaria da presentada coa solicitude, do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou, no seu caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións. Obrigatorio Ambas
Copia dos contratos: Copia dos contratos de traballo das persoas desempregadas obxecto da subvención, que tiveran participado no proxecto de Obradoiro de Emprego "Rehabilitación Casa Peóns Camiñeiros". Obrigatorio Ambas
Informe de vida laboral: Informe de vida laboral do código da conta de cotización específica da empresa ou entidade na que se fixo a contratación, comprensiva do período de duración da contratación. Obrigatorio Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
L 40/2015 Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público.
Lei 40/2015
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018
R (UE) 2016/679 Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento europeo e do Consello do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos)
Regulamento (UE) 2016/679
L 9/2007 Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
Lei 9/2007

Ficheiros anexos
Anexo IV
Anexo V
Tramitación telemática
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática