Usuario anónimo
Conectar
16/04/2024 07:46:30 www.culleredo.es :: Inicio :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana (IVTNU)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición A través deste procedemento, as persoas interesadas, declaran a transmisión e solicitan da administración que efectúe o borrador de autoliquidación do imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (IVTNU) derivado da mesma.
Forma de inicio Instancia de parte.
Quen o pode solicitar? O transmitente, o adquirinte ou o representante de calquera deles.
Prazo de presentación 1. Cando se trate de actos Inter Vivos, o prazo será de trinta días hábiles desde a data de transmisión da propiedade do terreo ou da constitución ou transmisión de calquera dereito real de goce limitativo do dominio sobre o terreo.

2. Cando se trate de actos por causa de morte, por exemplo en caso de herdanzas, o prazo será de seis meses prorrogables ata un ano a solicitude do suxeito pasivo. Dentro deste prazo de seis meses o suxeito pasivo poderá solicitar unha prórroga por outros seis meses e en caso de non ser resolta a solicitude de prórroga no prazo dun mes, a contar desde a súa presentación, entenderase concedida por silencio administrativo.
Qué documentación debo achegar ? 1.- Na modalidade transmisión Inter vivos:
- Copia do Documento Público da Transmisión.
- Documento no que conste a data da transmisión anterior, só no caso de que non figure na escritura pública.
- Recibo do IBI, só no caso de que non figure na escritura pública.
- No caso de optar polo método de cálculo da plusvalía real ademais da documentación anteriormente relacionada deberá achegar copia do Documento Público da Adquisición ou ben un documento cos valores de adquisición e transmisión comprobados, no seu caso, pola Administración tributaria (por exemplo as valoracións da Atriga).

2.- Na modalidade Mortis Causa deberá achegar a seguinte documentación:
- Identificación de todos os herdeiros.
- Copia do certificado de defunción do causante.
- Copia do escrito presentado na Oficina liquidadora do Imposto sobre Sucesións ou Doazóns.
- Copia do testamento da persoa causante (ou Declaración de Herdeiros se non houber testamento).
- Certificado de últimas vontades.
- Copia da escritura ou escrituras de adquisición de cada unha das leiras integrantes da herdanza situadas neste municipio.
- No caso de optar polo método de cálculo da plusvalía real ademais da documentación anteriormente relacionada deberá achegar copia do Documento Público da Adquisición ou ben un documento cos valores de adquisición e transmisión comprobados, no seu caso, pola Administración tributaria (por exemplo as valoracións da Atriga).
- No caso de que estea dentro dos supostos da bonificación prevista no art. 6 da Ordenanza Fiscal nº 3, e deberá solicitar a bonificación e xustificar que o inmoble transmitido era a vivenda habitual do causante mediante volante de empadroamento do mesmo. En caso de locais de negocio, declaración do Imposto de Actividades Económicas na cal se acredite que a actividade económica exercida no devandito inmoble pasou a ser exercida polo herdeiro.
Como solicitalo? A autoliquidación ou a solicitude de borrador da autoliquidación pode presentarse en:
O rexistro municipal do Concello de Culleredo.
O rexistro telemático do Concello de Culleredo, na dirección web https://sedeelectronica.culleredo.es mediante a instancia que atopará no Catálogo de servizos e solicitudes / economía, facenda e patrimonio. Para esta forma de presentación, necesita identificarse con certificado dixital.
En calquera rexistro administrativo integrado no SIR (Sistema de Interconexión de Rexistros).
Órgano que o tramitará? Servizo de Economía e Facenda.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Solicitude telemática: Instancia de solicitude autoxerada pola sede electrónica Obrigatorio Telemática
Escritura de venda: Copia simple da escritura de venda Opcional Ambas
DNI, NIE ou CIF do suxeito pasivo: Fotocopia do DNI, NIE ou CIF do suxeito pasivo Opcional Ambas
Recibo do IBI do derradeiro exercicio: Fotocopia do recibo do IBI do derradeiro exercicio Opcional Ambas
Escritura de adquisición: Copia simple / fotocopia da escritura de adquisición Opcional Ambas
Volante de empadroamento (Bonif. Mortis Causa): Volante de empadroamento (Bonif. Mortis Causa) Opcional Ambas
Certificado de defunción: Certificado de defunción Opcional Ambas
Testamento: Testamento Opcional Ambas
Derradeiras vontades: Derradeiras vontades Opcional Ambas
Imposto sobre sucesións e doazóns (modelo 650): Fotocopia do Imposto sobre sucesións e doazóns (modelo 650) Opcional Ambas
Modelo UEH-005: Instancia de solicitude UEH-005 debidamente cumprimentada Obrigatorio Presencial

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
RDL 2/2004 Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais
Real Decreto Lexislativo 2/2004
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018
OF 3 Ordenanza fiscal nº 3 Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana
Ordenanza fiscal nº 3

Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática