Usuario anónimo
Conectar
13:47:18 www.culleredo.es :: Inicio :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Licenza de 1ª ocupación



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Descrición A través deste procedemento as persoas solicitantes poderán solicitar a emisión da licenza de primeira ocupación que é o acto administrativo que acredita que o edificio ou vivenda cumpre os requisitos esixidos para ser destinado a uso residencial, especialmente que a obra está completamente executada e se axusta á licenza urbanística outorgada
Forma de inicio Instancia de parte
Quen o pode solicitar? Persoas físicas ou persoas xurídicas
Prazo de presentación En calquera momento ao longo do ano
Qué documentación debo achegar ? - Instancia de solicitude debidamente cumprimentada
- Certificación final de obra subscrita polos técnicos directores de obra (visada)
- Impresos estatísticos
- Impresos de alta dá edificación co rexistro de entrada na Delegación de Facenda (902)
- Unha fotografía de cada fachada do edificio
- Escritura de obra nova e división horizontal, cando fose preciso
- Fotocopia dos boletíns de instalacións de auga, electricidade e gas
- Proxecto de estado final da obra, se fose preciso (coa súa memoria correspondente)
- Certificación do Técnico Director do cumprimento da habitabilidade e C.T.E.
- Certificación de primeira ocupación
- Certificación técnica de non existencia de instalacións ás que se refire a Lei 7/1997 no seu artigo 6 (ascensores, aire acondicionado, etc...)
- Xustificante do pagamento da taxa

Ademais a seguinte documentación solo nos edificios:
- Certificado de illamento acústico expedido por empresa homologada pola Consellería de Medio Ambiente (Lei 7/1997 de protección contra a contaminación acústica)
- Certificado de fin de obra de infraestrutura común de telecomunicacións
- Boletín de instalación de telecomunicacións
Como solicitalo? Casa do Concello
Rúa do Concello, 12
Culleredo

Edificio Servizos Múltiples
Rúa Ramón Cabanillas, 14
Culleredo

Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento
A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital
Tributos Ordenanza fiscal nº 16 Taxa por licenzas urbanísticas
Ordenanzas e Regulamentos
Órgano que o tramitará? Área de Urbanismo
Órgano que o resolverá? Resolución do Concelleiro delegado do Área
Cando estará resolto e cando se me notificará? As peticións de licenza de primeira ocupación para vivendas resolveranse no prazo de dous meses e noutras edificacións con uso distinto ao de vivenda no de tres, a contar dende a presentación da solicitude coa documentación completa no rexistro do Concello
Que efectos ten o silencio administrativo? Unha vez que transcorra o prazo sen comunicar ningún acto, entenderase outorgada por silencio administrativo, de conformidade co disposto nos artigos 43 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común
Os prazos que se indican no artigo transcribido poden ser obxecto de ampliación e suspensión nos casos legalmente previstos (art. 42.5 e 6 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento administrativo común)

En ningún caso entenderanse adquiridas por silencio administrativo licenzas en contra da lexislación ou plan urbanístico
Recursos posibles Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución
Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses
Cualquera outro que se considere procedente

Documentación para achegar
Tipo Presentación
SOLICITUDES: Instancia de solicitude debidamente cumprimentada Obrigatorio Ambas
CERTIFICADOS: Certificación final de obra subscrita polos técnicos directores de obra (visada) Obrigatorio Ambas
DECLARACIÓNS: Impresos estatísticos Obrigatorio Ambas
DECLARACIÓNS: Impresos de alta da edificación co rexistro de entrada na Delegación de Facenda (902) Obrigatorio Ambas
FOTOGRAFÍAS: Unha fotografía de cada fachada do edificio Obrigatorio Ambas
TÍTULOS: Escritura de obra nova e división horizontal, cando fose preciso Obrigatorio Ambas
ACREDITACIÓNS: Fotocopia dos boletíns de instalacións de auga, electricidade e gas Obrigatorio Ambas
PROXECTOS: Proxecto de estado final da obra, se fose preciso (coa súa memoria correspondente) Opcional Ambas
CERTIFICADOS: Certificación do Técnico Director do cumprimento da habitabilidade e C.T.E. Obrigatorio Ambas
CERTIFICADOS: Certificación de primeira ocupación Obrigatorio Ambas
CERTIFICADOS: Certificación técnica de non existencia de instalacións ás que se refire a Lei 7/1997 no seu artigo 6 (ascensores, aire acondicionado, etc...) Obrigatorio Ambas
XUSTIFICANTES DE PAGO: Xustificante do pagamento da taxa Obrigatorio Ambas
CERTIFICADOS: Certificado de illamento acústico expedido por empresa homologada pola Consellería de Medio Ambiente (Lei 7/1997 de protección contra a contaminación acústica) Opcional Ambas
CERTIFICADOS: Certificado de fin de obra de infraestrutura común de telecomunicacións Opcional Ambas
ACREDITACIÓNS: Boletín de instalación de telecomunicacións Opcional Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018
L 2/2016 Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia
Lei 2/2016
L 8/2012 Lei 8/2012, de 29 de xuño, de vivenda de Galicia
Lei 8/2012
PGOU Normativa do planeamento urbanístico vixente
Urbanismo en rede (sólo Mozilla Firefox)

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática