Usuario anónimo
Conectar
13:55:38 www.culleredo.es :: Inicio :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Solicitude de volante de empadroamento individual



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónicaNivel de modernización 4. Tramitación electrónicaNivel de modernización 5. Proactivo / Automatizado

Nivel de modernización 5. Proactivo / Automatizado

Información
Descrición A través deste procedemento a persoa interesada pode solicitar un volante de empadroamento individual, un documento meramente informativo acerca da residencia e do domicilio habitual no Concello de Culleredo
Forma de inicio Instancia de parte
Quen o pode solicitar? Persoas físicas
Prazo de presentación En calquera momento
Como solicitalo? Casa do Concello
Rúa do Concello, 12
Culleredo

Edificio Servizos Múltiples
Rúa Ramón Cabanillas, 14
Culleredo

Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento
A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital
Órgano que o tramitará? Rexistro e Padrón
Cando estará resolto e cando se me notificará? Os volantes de empadroamento expediranse no momento da solicitude, tanto presencial como telemáticamente

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Instancia de solicitude: Instancia de solictude debidamente cumprimentada. Obrigatorio Ambas
Documento de identificación do interesado: Documento de identificación do interesado.
No caso de que sexa solicitado por un representante, deberá achegarse documento de identificación e autorización do interesado.
Para os menores non emancipados, documento de identificación do pai/nai ou representante legal e libro de familia.
Obrigatorio Presencial

Normativa
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
L 7/85 Lei 7/1985,de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local
Lei 7/1985
RD 1690/1986 Real decreto 1690/1986, de 11 de xullo, polo que se aproba o regulamento de poboación e demarcación das entidades locais
RD 1690/1986
RD 1720/2007 Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal
Real Decreto 1720/2007

Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática