Usuario anónimo
Conectar
13:09:09 www.culleredo.es :: Inicio :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Presentación de ofertas contratos menores



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición do proceso de tramitación A través deste procedemento, as persoas físicas e as persoas xurídicas poderán presentar as súas ofertas ás solicitudes feitas polos distintos departamentos do concello.
Como solicitalo? A instancia de parte.
Quen o pode solicitar? As persoas físicas (opcionalmente) e as persoas xurídicas (obrigatoriamente).
Prazo de presentación O estipulado nas solicitudes de oferta enviadas polos departamentos.
Lugar e forma de presentación As persoas físicas poderán presentar as ofertas no Rexistro Municipal do Concello, en calquera dos rexistros públicos previstos na Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e tamén de maneira telemática na sede electrónica do Concello de Culleredo.
As persoas xurídicas poderán presentar as ofertas en calquera dos rexistros públicos telemáticos previstos na Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e na sede electrónica do Concello de Culleredo.
Órgano que o tramitará? O departamento emisor da solicitude correspondente.
Qué documentación debo achegar ? Instancia de solicitude debidamente cumprimentada.
Oferta económica.
Declaración responsable.
No caso de non estar inscrita en ningún Rexistro, escrituras onde se reflexe o obxecto social (persoas xurídicas) ou xustificante da inscrición no imposto de actividades económicas (persoas físicas) (SÓ NO CASO DE NON PRESENTAR ESTA DOCUMENTACIÓN NOUTRA OCASIÓN).

Documentación para achegar
Tipo Presentación
SOLICITUDES: Instancia de solicitude debidamente cumprimentada. Obrigatorio Ambas
OFERTA ECONÓMICA: Oferta económica. Obrigatorio Ambas
DECLARACIÓNS: Declaración responsabel. Obrigatorio Ambas
ACREDITACIÓNS: No caso de non atoparse inscrito en ningún Rexistro, achegase escrituras onde se reflexe o obxecto social (persoa xurídica) ou xustificante da inscrición no imposto de actividades económicas (persoa física). Opcional Ambas

Normativa
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018
L 11/2007 Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos
Lei 11/2007
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
L 59/2003 Lei 59/2003, de 19 de decembro, de sinatura electrónica
Lei 59/2003
L 9/2017 Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se transpoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014.
Lei 9/2017

Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática