Usuario anónimo
Conectar
24/09/2021 11:03:28 www.culleredo.es :: Inicio :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Axudas para os autónomos e microempresas de Culleredo a través do programa PEL-REACTIVA



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición Xestionar e controlar as axudas solicitadas por persoas autónomas e microempresas para paliar o impacto económico e social ocasionado polo COVID-19, convocadas no marco do programa do Fondo de Financiamiento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña destinado aos Concellos de menos de 50.000 habitantes.
Forma de inicio A instancia de parte.
Quen o pode solicitar? Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

- Grupo I: Que se viron afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.

- Grupo II: Que non se viron afectados ao peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 viuse reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración se levará a cabo tendo en conta o período de actividade.

- Grupo III: Que se viron obrigados a acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, de 17 de marzo.
Prazo de presentación A partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) ata o 25 de novembro de 2020 ás 14:00 horas.
Qué documentación debo achegar ? - Solicitude de axudas PEL-REACTIVA (ANEXO VIII).

- NIF/NIE ou CIF segundo corresponda (só se o presentador difire do interesado).

- Declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigacións (ANEXO IX).

- Modelo de designación de conta bancaria.

- Beneficiarios do Grupo I: Ademais da documentación anterior, certificado actualizado de situación censual da Axencia Estatal Tributaria e informe actualizado de vida laboral da empresa, expedido pola Tesourería xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores/as.

- Beneficiarios do Grupo II: Ademais da documentación indicada para o Grupo I, acreditación da redución de ingresos desde os seis meses previos á declaración do estado de alarma e ata a data de presentación da solicitude da axuda, mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaracións de IVE/IRPF.

- Beneficiarios do Grupo III: Ademais da documentación indicada para o Grupo I, documento acreditativo da situación de ERTE.
Como solicitalo? Mediante solicitude na sede electrónica do Concello de Culleredo.
Órgano que o tramitará? Concellería de Desenvolvemento local, Cultura, Festas e Turismo.
Órgano que o resolverá? Concellería de Desenvolvemento local, Cultura, Festas e Turismo.
Cando estará resolto e cando se me notificará? 1 mes.
Que efectos ten o silencio administrativo? Negativo.
Recursos posibles Recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da notificación do presente acto, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de A Coruña que corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de acordo co establecido nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo.
Non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, se se interpuxera o potestativo de reposición, en tanto non se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do mesmo polo transcurso do prazo dun mes desde a súa interposición, de acordo co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro.
Observacións Aos efectos destas Bases, para a consideración de microempresa atenderase ao indicado no Anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, de 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) L 187, do 26 de xuño de 2014, segundo o cal a categoría de microempresa está constituída por aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de ¤.
Observacións Os/as beneficiarios/as teñen, como sinalan as bases, entre outras obrigas, a de dar publicidade nos termos establecidos na resolución de concesión, ao carácter público do financiamento da actividade realizada, figurando expresamente nun lugar visible do centro de traballo, logotipo do Concello, da Deputación e mención expresa ao Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña. O mesmo tipo de publicidade realizarase nun lugar preferente da páxina web da empresa, de existir esta. (Facilítase modelo de cartel no apartado de anexos).

Documentación para achegar
Tipo Presentación
SOLICITUDES: Instancia de solicitude debidamente cumprimentada. Obrigatorio Telemática
ANEXO VIII: Solicitude de axuda municipal. Obrigatorio Telemática
ANEXO IX: Declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigacións. Obrigatorio Telemática
Designación de conta bancaria: Designación de conta bancaria segundo o modelo normalizado do Concello. Obrigatorio Telemática
Certificado bancario: Certificado de titularidade bancaria do nº de conta Obrigatorio Telemática
DNI/NIE ou CIF: DNI/NIE ou CIF segundo corresponda. Obrigatorio Telemática
Certificado AEAT: Certificado actualizado de Situación Censal da Axencia Estatal Tributaria. Obrigatorio Telemática
Informe TXSS: Informe actualizado de Vida Laboral da Empresa, expedido pola Tesouraría xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores/as. Obrigatorio Telemática
Acreditación de la redución de ingresos: Acreditación da redución de ingresos desde o seis meses previos á declaración do estado de alarma e até a data de presentación da solicitude da axuda, mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaracións de IVE, IRPF. Opcional Telemática
Documento acreditativo da situación de ERTE: Documento acreditativo da situación de ERTE. Opcional Telemática

Normativa
OM-SUBV Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Culleredo
Ordenanza xeral de subvencións
L 38/2003 Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións
Lei 38/2003
L 9/2007 Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia
Lei 9/2007
ODIP-SUBV Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación provincial da Coruña.
Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación provincial da Coruña
L 7/1985 Lei 7/1985,de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local
Lei 7/1985
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018
RE 1407/2013 Regulamento (UE) n.º 1407/2013, da Comisión, de 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro).
Regulamento (UE) 1407/2013
RE 1408/2013 Regulamento (UE) n.º 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro).
Regulamento (UE) 1408/2013
RE 2019/316 Regulamento (UE) 2019/316 da Comisión do 21 de febreiro de 2019 polo que se modifica o Regulamento (UE) n.º 1408/2013 relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola.
Regulamento (UE) 2019/316
RE 717/2014 Regulamento (UE) n.º 717/2014, da Comisión, do 27 de xuño, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás ayudas de minimis no sector da pesca e de a acuicultura (DOUE L 190, do 28 de xuño).
Regulamento (UE) 717/2014
BASES PEL-REACTIVA Bases específicas reguladoras das axudas do Concello de Culleredo adherido ao fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña.
Bases PEL REACTIVA

Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática