Descrición do proceso de tramitación
|
A través deste procedemento, as persoas físicas e as persoas xurídicas poderán presentar as súas ofertas ás solicitudes feitas polos distintos departamentos do concello.
|
Como solicitalo?
|
A instancia de parte.
|
Quen o pode solicitar?
|
As persoas físicas (opcionalmente) e as persoas xurídicas (obrigatoriamente).
|
Prazo de presentación
|
O estipulado nas solicitudes de oferta enviadas polos departamentos.
|
Lugar e forma de presentación
|
As persoas físicas poderán presentar as ofertas no Rexistro Municipal do Concello, en calquera dos rexistros públicos previstos na Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e tamén de maneira telemática na sede electrónica do Concello de Culleredo. As persoas xurídicas poderán presentar as ofertas en calquera dos rexistros públicos telemáticos previstos na Lei do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e na sede electrónica do Concello de Culleredo.
|
Órgano que o tramitará?
|
O departamento emisor da solicitude correspondente.
|
Qué documentación debo achegar ?
|
Instancia de solicitude debidamente cumprimentada. Oferta económica. Declaración responsable. No caso de non estar inscrita en ningún Rexistro, escrituras onde se reflexe o obxecto social (persoas xurídicas) ou xustificante da inscrición no imposto de actividades económicas (persoas físicas) (SÓ NO CASO DE NON PRESENTAR ESTA DOCUMENTACIÓN NOUTRA OCASIÓN).
|