Usuario anónimo
Conectar
31/10/2024 23:48:46 www.culleredo.es :: Inicio:: As miñas solicitudes :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Descrición A través deste procedemento, as personas con mobilidade reducida empadroadas no Concello de Culleredo, poden presentar a solicitude da tarxeta de estacionamento. Este documento acreditativo da súa situación ten a finalidade de favorecer o uso dos transportes privados e o seu titular pode gozar das facilidades de estacionamento nos lugares sinalados.
Esta tarxeta ten carácter persoal e intransferible e o seu titular poderá utilizala en calquera vehículo en que se traslade sexa ou non da súa propiedade e sexa ou non o conductor do vehículo.
Forma de inicio Instancia de parte
Quen o pode solicitar? Todas aquelas persoas con discapacidade, empadroadas no Concello de Culleredo, que teñan recoñecida a imposibilidade de uso do transporte público polos equipos de valoración e orientación correspondentes
Prazo de presentación En calquera momento ao longo do ano
Qué documentación debo achegar ? Instancia de solicitude
Fotocopia compulsada do DNI do solicitante ou representante legal
Fotocopia compulsada do certificado do grao de discapacidade
Volante de empadroamento
Unha fotogafía tamaño carné
Como solicitalo? Casa do Concello
Rúa do Concello, 12
Culleredo

Edificio Servizos Múltiples
Rúa Ramón Cabanillas, 14
Culleredo

Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento

A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital
Órgano que o tramitará? Área de Benestar Social e Igualdade
Órgano que o resolverá? Concelleira delegada da Área de Benestar Social e Igualdade
Recursos posibles Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución
Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses
Cualquera outro que se considere procedente

Documentación para achegar
Tipo Presentación
SOLICITUDES: Instancia de solicitude debidamente cumprimentada Obrigatorio Ambas
DOCUMENTOS IDENTIFICATIVOS: Fotocopia compulsada do DNI do solicitante ou representante legal Obrigatorio Ambas
CERTIFICADOS: Fotocopia compulsada do certificado do grao de discapacidade Obrigatorio Ambas
ACREDITACIONES: Volante de empadroamento Obrigatorio Ambas
FOTOGRAFÍAS: Unha fotogafía tamaño carné Obrigatorio Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018
L 8/1997 Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia
Lei 8/1997
D 35/2000 Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia
Decreto 35/2000

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática