Descrición
|
A través de este procedemento as persoas físicas ou xurídicas poderán solicitar a instalación de estrutura non permanente desmontable para celebración de espectáculo público ou actividade recreativa (escenarios, carpas, atraccións de feira, postos de alimentación, postos de venta...).
|
Forma de inicio
|
Instancia de parte.
|
Quen o pode solicitar?
|
As persoas físicas ou xurídicas propietarias das estruturas non permanentes desmontables.
|
Prazo de presentación
|
15 días antes da celebración da festa ou verbena popular ao aire libre.
|
Qué documentación debo achegar ?
|
- Instancia de solicitude debidamente cumprimentada (DLO-002). - Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade. (Enténdese por proxecto o conxunto de documentos que definen as actuacións a desenvolver, co contido e detalle que permita á Administración coñecer o seu obxecto e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial de aplicación, e virán redatados e asinados por persona técnica competente). - Póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e o recibo de pago das primas correspondentes ao periodo do seguro en curso ou copia dos mesmos (Disp. Trans. 3ª da Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia). - Documento acreditativo da disponibilidade do establecemento ou espacio aberto ao público en calidade de propietarios/as ou arrendatarios/as ou en virtude de calquera outro título xurídico. - Documento acreditativo asinado pola persoa interesada da designación da persoa física ou xurídica que ha de asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou actividade recreativa aos requisitos esixibles. - Documento acreditativo da designación, por quen presente a declaración, da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da montaxe da instalación. - A marcación CE e a declaración CE de conformidade das instalacións que correspondan segundo as súas características. - O certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede.- No caso das actuacións musicais, a factura de pago da propiedade intelectual (SGAE).- No caso de fogos de artificio, a comunicación á Delegación ou Subdelegación do Goberno se así o require a normativa e a comunicación a AENA do lanzamento dos mesmos. - No caso de postos de alimentación, manipulador de alimentos e reciclaxe de aceites.
|
Como solicitalo?
|
As persoas físicas poderán presentar por rexistro do Concello de Culleredo a solicitude xunto coa documentación necesaria ou tamén poderán facelo mediante sede electrónica do Concello de Culleredo con certificado dixital ou DNI electrónico. As persoas xurídicas están obrigadas na Lei 39/2015 a comunicarse coa administración de xeito telemático mediante sede electrónica.
|
Órgano que o tramitará?
|
Área de Desenvolvemento Local, Formación e Emprego.
|
Órgano que o resolverá?
|
Área de Desenvolvemento Local, Formación e Emprego.
|
Cando estará resolto e cando se me notificará?
|
Dous meses.
|
Que efectos ten o silencio administrativo?
|
Negativo.
|
Recursos posibles
|
Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución. Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses. Calquera outro que se estime procedente.
|