Descrición
|
A través deste procedemento a persoa interesada pode presentar solicitudes de Axudas de Emerxencia ou de Urxente Necesidade Social que son prestacións económicas de carácter extraordinario, transitorio e non habitual, destinadas a paliar total ou parcialmente, con carácter individualizado, situacións de urxencia de persoas afectadas por un estado de necesidade e con risco de exclusión social
|
Forma de inicio
|
Instancia de parte
|
Quen o pode solicitar?
|
Persoas físicas que cumpran os requisitos marcados no Regulamento
|
Prazo de presentación
|
En calquera momento ao longo do ano
|
Qué documentación debo achegar ?
|
Instancia de solicitude debidamente cumprida Documentación relacionada na instancia de solicitude En todos os casos mediante fotocopia compulsada e/ou orixinal, ou copia máis orixinal para compulsar no rexistro do Concello ou no propio Área de Benestar antes da súa entrada no rexistro
|
Como solicitalo?
|
Casa do Concello Rúa do Concello, 12 Culleredo
Edificio Servizos Múltiples Rúa Ramón Cabanillas, 14 Culleredo
Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento
A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital
|
Órgano que o tramitará?
|
Área de Benestar Social e Igualdade
|
Órgano que o resolverá?
|
Concelleira delegada da Área de Benestar e Igualdade
|
Cando estará resolto e cando se me notificará?
|
1 mes
|
Recursos posibles
|
Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses Cualquera outro que se considere procedente
|