Usuario anónimo
Conectar
01/11/2024 00:10:24 www.culleredo.es :: Inicio :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Declaración responsable para instalación de estrutura non permanente desmontable para celebración de espectáculo público ou actividade recreativa



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Descrición A través de este procedemento as persoas físicas ou xurídicas poderán solicitar a instalación de estrutura non permanente desmontable para celebración de espectáculo público ou actividade recreativa (escenarios, carpas, atraccións de feira, postos de alimentación, postos de venta...).
Forma de inicio Instancia de parte.
Quen o pode solicitar? As persoas físicas ou xurídicas propietarias das estruturas non permanentes desmontables.
Prazo de presentación 15 días antes da celebración da festa ou verbena popular ao aire libre.
Qué documentación debo achegar ? - Instancia de solicitude debidamente cumprimentada (DLO-002).
- Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade.
(Enténdese por proxecto o conxunto de documentos que definen as actuacións a desenvolver, co contido e detalle que permita á Administración coñecer o seu obxecto e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial de aplicación, e virán redatados e asinados por persona técnica competente).
- Póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e o recibo de pago das primas correspondentes ao periodo do seguro en curso ou copia dos mesmos (Disp. Trans. 3ª da Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia).
- Documento acreditativo da disponibilidade do establecemento ou espacio aberto ao público en calidade de propietarios/as ou arrendatarios/as ou en virtude de calquera outro título xurídico.
- Documento acreditativo asinado pola persoa interesada da designación da persoa física ou xurídica que ha de asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou actividade recreativa aos requisitos esixibles.
- Documento acreditativo da designación, por quen presente a declaración, da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da montaxe da instalación.
- A marcación CE e a declaración CE de conformidade das instalacións que correspondan segundo as súas características.
- O certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede.- No caso das actuacións musicais, a factura de pago da propiedade intelectual (SGAE).- No caso de fogos de artificio, a comunicación á Delegación ou Subdelegación do Goberno se así o require a normativa e a comunicación a AENA do lanzamento dos mesmos.
- No caso de postos de alimentación, manipulador de alimentos e reciclaxe de aceites.
Como solicitalo? As persoas físicas poderán presentar por rexistro do Concello de Culleredo a solicitude xunto coa documentación necesaria ou tamén poderán facelo mediante sede electrónica do Concello de Culleredo con certificado dixital ou DNI electrónico.
As persoas xurídicas están obrigadas na Lei 39/2015 a comunicarse coa administración de xeito telemático mediante sede electrónica.
Órgano que o tramitará? Área de Desenvolvemento Local, Formación e Emprego.
Órgano que o resolverá? Área de Desenvolvemento Local, Formación e Emprego.
Cando estará resolto e cando se me notificará? Dous meses.
Que efectos ten o silencio administrativo? Negativo.
Recursos posibles Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución.
Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses.
Calquera outro que se estime procedente.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Instancia de solicitude de presentación telemática: Instancia de solicitude de presentación telemática xerada polo sistema. Obrigatorio Telemática
Modelo DL0 002: Declaración responsable para instalación de estrutura non permanente desmontable para celebración espectáculo público ou actividade recreativa. Obrigatorio Ambas
Proxecto e documentación técnica: Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade. Obrigatorio Ambas
Póliza de seguro e recibo de pago.: Póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e o recibo de pago das primas correspondentes ao periodo do seguro en curso ou copia dos mesmos. Obrigatorio Ambas
Documento acreditativo: Documento acreditativo da disponibilidade do establecemento. Obrigatorio Ambas
Documento acreditativo: Documento acreditativo asinado pola persoa interesada da designación da persoa física ou xurídica que ha de asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto. Obrigatorio Ambas
Documento acreditativo: Documento acreditativo da designación, por quen presente a declaración, da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da montaxe da instalación. Obrigatorio Ambas
Declaración: A marcación CE e a declaración CE. Obrigatorio Ambas
Certificado: O certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede. Obrigatorio Ambas
Factura: No caso das actuacións musicais, a factura de pago da propiedade intelectual (SGAE). Opcional Ambas
Comunicacións: No caso de fogos de artificio, a comunicación á Delegación ou Subdelegación do Goberno se así o require a normativa e a comunicación a AENA do lanzamento dos mesmos. Opcional Ambas
Documentos identificativos: No caso de postos de alimentación, manipulador de alimentos e reciclaxe de aceites. Opcional Ambas

Normativa
L 10/2017 Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.
L 10/2017
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
L 11/2007 Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos
Lei 11/2007

Tramitación telemática
Tramitar
Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática