Descrición
|
A través de este procedemento as persoas físicas ou xurídicas poderán solicitar a ocupación de vía pública para a realización dun espectáculo público ao aire libre ou unha actividade recreativa.
|
Como solicitalo?
|
A instancia de parte.
|
Quen o pode solicitar?
|
Tanto as persoas físicas como as persoas xurídicas.
|
Prazo de presentación
|
15 días antes da celebración do espectáculo público ou actividade recreativa.
|
Qué documentación debo achegar ?
|
- Instancia de solicitude debidamente cumprimentada (DLO-003). - Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a naturaleza da actividade. (Enténdese por proxecto o conxunto de documentos que definen as actuacións para desenvolver, co contido e detalle que permita á Administración coñecer o seu obxecto e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial de aplicación, e virán redatados e asinados por persoa técnica competente). - Póliza de responsabilidade civil obrigatoria, previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e o recibo de pago das primas correspondentes ao período do seguro en curso ou copia dos mesmos (Disp. Trans. 3ª da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia). - Documento acreditativo da disponibilidade do establecemento ou espazo aberto ao público en calidade de propietarios/as ou arrendatarios/as ou en virtude de calquera outro título xurídico.
Para a celebración de espectáculos e actividades recreativas que requiran a montaxe de estruturas non permanentes desmontables, terán que achegar tamén: - Documento acreditativo asinado pola persoa interesada da designación da persoa física ou xurídica que ha de asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou actividade recreativa aos requisitos esixibles. - Documento acreditativo da designación, por quen presente a declaración, da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da montaxe da instalación. - A Marca CE e a declaración CE de conformidade das instalacións que correspondan segundo as súas características. - O certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede. - No caso das actuacións musicais, a factura de pago da propiedade intelectual (SGAE). - No caso de fogos de artificio, a comunicación á Delegación ou Subdelegación do Goberno se así o require a normativa e a comunicación a AENA do lanzamento dos mesmos. - No caso de postos de alimentación, manipulador de alimentos e reciclaxe de aceites.
|
Lugar e forma de presentación
|
As persoas físicas poderán presentar por rexistro do Concello de Culleredo a solicitude xunto coa documentación necesaria ou tamén poderán facelo mediante a sede electrónica do Concello de Culleredo con certificado dixital ou DNI electrónico. As persoas xurídicas están obrigadas na Lei 39/2015 a comunicarse coa administración de xeito telemático mediante sede electrónica.
|
Órgano que o tramitará?
|
Área de Desarrollo Local, Formación y Empleo Área de Desenvolvementoo Local, Formación e Emprego
|
Órgano que o resolverá?
|
Área de Desarrollo Local, Formación y Empleo Área de Desenvolvementoo Local, Formación e Emprego
|
Prazo de tramitación
|
2 meses.
|
Que efectos ten o silencio administrativo?
|
Negativo.
|
Recursos posibles
|
Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución. Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses. Calquera outro que se estime procedente.
|