Usuario anónimo
Conectar
30/10/2024 07:10:36 www.culleredo.es :: Inicio:: Verificación de documentos:: Detalle publicación :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Bonificación na taxa por consumo de auga para as familias numerosas



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Descrición A través deste procedemento as persoas interesadas empadroadas e residentes no Concello de Culleredo, poderán presentar solicitudes para o servizo de prestacións de apoio á autonomía e atención á dependencia: axuda no fogar, xantar na casa e teleasistencia domiciliaria para persoas non dependentes, co obxecto de dar resposta a situacións de autonomía limitada, dependencia ou supostos de desestructuración familiar coa finalidade de atender as necesidades da súa vida diaria, posibilitando a permanencia no seu domicilio o maior tempo posibel e/ou facilitar ao máximo a vida independente.
Forma de inicio Instancia de parte
Quen o pode solicitar? O servizo de axuda no fogar está dirixido a:
-Persoas con déficit de autonomía persoal pero que non precisan de coidados permanentes ou especializados dun centro asistencial e que mediante esta prestación poden manter unha vida independente
- Persoas que teñen anciáns, persoas con algunha discapacidade ou enfermos crónicos ao seu cargo, e que necesitan axuda para atendelos e mantelos no seu fogar
- Familias con problemas transitorios de autonomía persoal, (hospitalización, menores aos que hai que prestar atención en ausencia dos seus pais ou tutores) ou con sobrecargas familiares (monoparentais, familias numerosas)
- Familias desestructuradas nas súas relacións persoais e/ou sociais que precisan axuda para adquirir habilidades domésticas e familias con grave risco de exclusión social para os seus integrantes
- Calquera outra circunstancia de desprotección social ou familiar así determinada polos servizos sociais municipais mediante o correspondente informe-proposta de aplicación dos servizos

Os servizos de "Xantar na casa", están destinados segundo o convenio asinado co Consorcio de Igualdade e Benestar a:
- Persoas maiores de 60 anos que teñan limitada a súa autonomía persoal, e sen rede de apoio que poida suplir tal situación
- Persoas dependentes, que carezan de apoio familiar, e que requiren de axuda para a preparación de alimentos
- Persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, técnicamente avaliada polos Servizos Sociais do Concello de Culleredo
- Calquera outra circunstancia de desprotección social ou familiar así determinada polos servizos sociais municipais

O servizo de teleasistencia domiciliaria segundo o convenio asinado coa Deputación da Coruña, vai dirixido a:
- Persoas que non teñan recoñecido grao de dependencia e que non superen o límite económico de dúas veces o IPREM/mes
- Persoas que dispoñan ou estean en condicións de dispoñer de liña telefónica e estar capacitadas para o manexo do aparato
Prazo de presentación En calquera momento ao longo do ano
Qué documentación debo achegar ? Deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Culleredo, unha instancia onde constará a relación nominal de todas as persoas do mesmo domicilio que solicitan o servizo. Achegarán á solicitude a seguinte documentación, referida a cada unha das persoas solicitantes:

DOCUMENTOS COMÚNS AOS TRES SERVIZOS
- Fotocopia do Documento Nacional de Identidade
- Volante de empadroamento de todos os membros da unidade familiar (volante de convivencia)
- Declaración do IRPF do exercicio anterior ao momento da solicitude ou, de ser o caso, certificado negativo de todos os conviventes
- Certificado da prestación económica do INEM, se é menor de 65 años
- Certificación positiva ou negativa de prestacións do INSS, ISFAS ou MUFACE
- Declaración responsable de toda a unidade de convivencia, de todos os ingresos económicos obtidos no derradeiro ano
- Fotocopia da primeira folla da conta bancaria onde conste o n.º de conta de 20 díxitos e o nome dos titulares
- Informes médicos que poidan avalar a situación que motiva a solicitude
- Copia de ter presentada a solicitude de grao de dependencia de ser o caso
- Copia do certificado do grao de dependencia se fóra o caso
- Autorización de todos os membros da familia para o uso de datos persoais
- Autorización de todos os membros da familia para o acceso á información catastral
- Autorización para a realización de trámites asociados a este procedemento
- Acreditación de representación, de ser o caso
- Autorización bancaria

DOCUMENTOS ESPECIFICOS PARA O SERVIZO DE "XANTAR NA CASA"
- Informe médico de saúde (Anexo X1)
- Solicitude de domiciliación bancaria do servizo de "Xantar na Casa" debidamente cuñado pola entidade bancaria (Anexo X2)

DOCUMENTOS ESPECIFICOS PARA O SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA
- TAD 1. Datos da persoa usuaria titular
- TAD 2. Cobertura sanitaria da persoa usuaria titular
- TAD 3. Persoas de apoio do programa
- TAD 4. Datos da vivenda e identificación da persoa usuaria
- TAD 7. Datos da persoa usuaria adicional
- Autorizacións das persoas usuarias solicitantes do acceso á vivenda

Na solicitude para calquera dos tres servizos, ademais dos datos relacionados no artigo 66 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas deberán sinalarse tres teléfonos de contacto: o da persoa interesada máis dúas de familiares ou persoas achegadas coas que se poida contactar desde os servizos municipais.
Como solicitalo? Casa do Concello
Rúa do Concello, 12
Culleredo

Edificio Servizos Múltiples
Rúa Ramón Cabanillas, 14
Culleredo

Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento

A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital
Tributos Prezo público en vigor publicado no apartado Ordenanzas e Regulamentos da sede electrónica
Ordenanzas e Regulamentos
Órgano que o tramitará? Área de Benestar Social e Igualdade
Órgano que o resolverá? Concelleira delegada de política social, mocidade e promoción do deporte
Que efectos ten o silencio administrativo? Negativo
Recursos posibles Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución
Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses
Cualquera outro que se considere procedente

Documentación para achegar
Tipo Presentación
SOLICITUDES: Instancia de solicitude debidamente cumprimentada Obrigatorio Ambas
INFORMES: Relación de documentación relacionada na ficha e na instancia Obrigatorio Ambas

Normativa
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
L 3/2018 Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais
Lei 3/2018
L 13/2008 Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia
Lei 13/2008
Orde 22-01-2009 Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar
Orde do 22 de xaneiro de 2009
REGLAMENTO-PAAD Regulamento das prestacións municipais de apoio á autonomía e asistencia á dependencia (PAAD)
Regulamento

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática