Usuario anónimo
Conectar
30/10/2024 07:11:00 www.culleredo.es :: Inicio:: Verificación de documentos:: Detalle publicación :: Información do procedemento

Concello de Culleredo



Solicitude de puntos de luz e mantemento



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Descrición A través de este procedemento as persoas físicas ou xurídicas poderán solicitar a ocupación de vía pública para a realización dun espectáculo público ao aire libre ou unha actividade recreativa.
Como solicitalo? A instancia de parte.
Quen o pode solicitar? Tanto as persoas físicas como as persoas xurídicas.
Prazo de presentación 15 días antes da celebración do espectáculo público ou actividade recreativa.
Qué documentación debo achegar ? - Instancia de solicitude debidamente cumprimentada (DLO-003).
- Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a naturaleza da actividade.
(Enténdese por proxecto o conxunto de documentos que definen as actuacións para desenvolver, co contido e detalle que permita á Administración coñecer o seu obxecto e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial de aplicación, e virán redatados e asinados por persoa técnica competente).
- Póliza de responsabilidade civil obrigatoria, previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e o recibo de pago das primas correspondentes ao período do seguro en curso ou copia dos mesmos (Disp. Trans. 3ª da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia).
- Documento acreditativo da disponibilidade do establecemento ou espazo aberto ao público en calidade de propietarios/as ou arrendatarios/as ou en virtude de calquera outro título xurídico.

Para a celebración de espectáculos e actividades recreativas que requiran a montaxe de estruturas non permanentes desmontables, terán que achegar tamén:
- Documento acreditativo asinado pola persoa interesada da designación da persoa física ou xurídica que ha de asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou actividade recreativa aos requisitos esixibles.
- Documento acreditativo da designación, por quen presente a declaración, da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da montaxe da instalación.
- A Marca CE e a declaración CE de conformidade das instalacións que correspondan segundo as súas características.
- O certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede.
- No caso das actuacións musicais, a factura de pago da propiedade intelectual (SGAE).
- No caso de fogos de artificio, a comunicación á Delegación ou Subdelegación do Goberno se así o require a normativa e a comunicación a AENA do lanzamento dos mesmos.
- No caso de postos de alimentación, manipulador de alimentos e reciclaxe de aceites.
Lugar e forma de presentación As persoas físicas poderán presentar por rexistro do Concello de Culleredo a solicitude xunto coa documentación necesaria ou tamén poderán facelo mediante a sede electrónica do Concello de Culleredo con certificado dixital ou DNI electrónico.
As persoas xurídicas están obrigadas na Lei 39/2015 a comunicarse coa administración de xeito telemático mediante sede electrónica.
Órgano que o tramitará? Área de Desarrollo Local, Formación y Empleo Área de Desenvolvementoo Local, Formación e Emprego
Órgano que o resolverá? Área de Desarrollo Local, Formación y Empleo Área de Desenvolvementoo Local, Formación e Emprego
Prazo de tramitación 2 meses.
Que efectos ten o silencio administrativo? Negativo.
Recursos posibles Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución.
Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses.
Calquera outro que se estime procedente.

Documentación para achegar
Tipo Presentación
Instancia de solicitude de presentación telemática: Instancia de solicitude de presentación telemática xerada polo sistema. Obrigatorio Telemática
Modelo DL0 003 : Declaración responsable para celebración de espectáculo público ou actividade recreativa. Obrigatorio Ambas
Proxecto e documentación técnica: Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade. Obrigatorio Ambas
Póliza de seguro e recibo de pago.: Póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e o recibo de pago das primas correspondentes ao periodo do seguro en curso ou copia dos mesmos. Obrigatorio Ambas
Documento acreditativo: Documento acreditativo da disponibilidade do establecemento. Obrigatorio Ambas
Documento acreditativo: Documento acreditativo asinado pola persoa interesada da designación da persoa física ou xurídica que ha de asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto. Obrigatorio Ambas
Documento acreditativo: Documento acreditativo da designación, por quen presente a declaración, da persoa física ou xurídica que debe asumir a responsabilidade técnica da montaxe da instalación. Obrigatorio Ambas
Declaración: A marcación CE e a declaración CE. Obrigatorio Ambas
Certificado: O certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede. Obrigatorio Ambas
Factura: No caso das actuacións musicais, a factura de pago da propiedade intelectual (SGAE). Opcional Ambas
Comunicacións: No caso de fogos de artificio, a comunicación á Delegación ou Subdelegación do Goberno se así o require a normativa e a comunicación a AENA do lanzamento dos mesmos. Opcional Ambas
Documentos identificativos: No caso de postos de alimentación, manipulador de alimentos e reciclaxe de aceites. Opcional Ambas

Normativa
L 10/2017 Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.
L 10/2017
L 39/2015 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas
Lei 39/2015
L 11/2007 Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos Servizos Públicos
Lei 11/2007

Lenda
Tipo Obrigatorio Obrigatorio Opcional Opcional
Presentación Ambas Ambas Presencial Presencial Telemática Telemática