Descrición
|
A través deste procedemento tramitarase a autorización de enganche á rede de auga potable municipal: a) A actividade municipal tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de abastecemento de auga municipal b) A prestación do servizo de auga potable
|
Forma de inicio
|
Instancia de parte
|
Quen o pode solicitar?
|
Persoas físicas ou persoas xurídicas
|
Prazo de presentación
|
En calquera momento ao longo do ano
|
Qué documentación debo achegar ?
|
- DNI ou CIF - Número de conta para domiciliar os recibos - Vivenda en propiedade: escritura de propiedade ou contrato compra-venda, licenza 1ª ocupación (só en caso de vivenda nova) - Vivenda en aluguer: contrato de aluguer - Locais comerciais ou industriais: licenza de apertura ou actividade - Obras: licenza municipal de obra
|
Lugar e forma de presentación
|
Oficiñas municipais: R/ Irmáns Suárez Ferrín, nº 4 Baixo Dereita 15174 O Burgo - Culleredo Tfn.: 981 612 033 Fax: 981 666 822 Correo electrónico: culleredo@gestagua.es (Gestagua, S.A.)
|
Tributos
|
Ordenanza fiscal nº 14 publicada no apartado Ordenanzas e Regulamentos da sede electrónica
Ordenanzas e Regulamentos
|
Órgano que o tramitará?
|
Concesionaria do servizo municipal de auga potable do Concello de Culleredo (Gestagua, S.A.)
|
Órgano que o resolverá?
|
Concesionaria do servizo municipal de auga potable do Concello de Culleredo (Gestagua, S.A.)
|
Cando estará resolto e cando se me notificará?
|
O contrato realízase ao momento de presentar a documentación e pagar as taxas
|
Recursos posibles
|
Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses Cualquera outro que se considere procedente
|